"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

martes, 17 de febrero de 2015


ACTIVIDADE COS CENTROS DE PRIMARIA ADSCRITOS AO NOSO INSTITUTO

 Neste curso imos facer unha actividade moi atractiva entre o alumnado de primeiro da ESO do noso Instituto e o alumnado de 6º de primaria dos centros adscritos, CEIP Parada-Campañó, CEIP Pedro Antonio Cerviño de Campo Lameiro, CEIP San Benito de Lérez e CEIP A Xunqueira I. 

 Imos traballar sobre o libro de Marcos Calveiro "O pintor do sombreiro de Malvas" e alá polo mes de maio reuniremos nunha exposición no Instituto todos os traballos elaborados e xuntarémonos todos tratando que tamén esté con nos o propio autor Marcos Calveiro. 

 Seguro que nos queda ben. 

Iremos subindo información sobre a actividade en canto vaiamos cubrindo fases.


No hay comentarios:

Publicar un comentario