"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

domingo, 28 de abril de 2013

ACTIVIDADES DO DÍA DO LIBRO E DAS LETRAS GALEGAS


Comezamos estas actividades o venres 19 de abril ás 12 h coa intervención do poeta inglés Roger Wolfe, grazas á colaboración do Ateneo e do Concello de
Pontevedra, e organizado para o alumnado de 4º ESO e Bacharelato polo Dpto. de Inglés.
O martes 23 de abril, Día do Libro, ás 11,30 h na Biblioteca poderemos disfrutar cos monicreques, elaborados polo alumnado nas clases de Ed. Plástica o pasado
ano, que a cargo da profesora Belén Herrero representarán Cuentos en verso para niños perversos de Roald Dahl.
O venres 26 de abril, ás 11,30 h na Biblioteca, realizaremos a actividade de intercambio Libro x Libro, que previamente foron entregados na Secretaría a cambio dun vale para ese día; organizado pola Vicedirección.
O luns 29 de abril, ás 11,30 h na Biblioteca, terá lugar un debate preparado por alumnado de 4º ESO. sobre Libro tradicional ou libro electrónico?
Ao longo desta semana e da vindeira está a disposición do profesorado, que se anote na folla correspondente, a Biblioteca do centro para realizar actividades en
torno á lectura e aos libros. O Secretario, J. M. Ramos, ofrécese para realizar unha visita guiada con alumnado de 1º ESO sobre a organización e funcionamento da Biblioteca.
Co inicio do mes de maio, propoñemos actividades en torno ao escritor, actor e director de teatro, Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado este ano nas Letras Galegas.
Exposición de materiais diversos sobre R. Vidal Bolaño na Biblioteca, organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística e o Dpto. de Galego.
Certame de Microrrelatos en galego para as categorías de ESO e Bacharelato-Ciclo Medio, que dará a coñecer ao alumnado premiado ás 11,30 h do día 16 de maio.
Organiza o Equipo de Dinamización Lingüística.
Día 10 de maio ás 20 h. no Teatro Principal, estrea da obra Memorias de Molière, versión da profesora Belén Herrero, a cargo do grupo de teatro do
centro, dentro do certame “Ven Veñas Maio”, que organizan os Equipos de Dinamización Lingüística da cidade de Pontevedra.
Lecturas de textos en galego ao longo do mes de maio, na Biblioteca ás 11,30 h.Organizadas por profesorado interesado.
Organización dunha charla- conferencia sobre R. Vidal Bolaño para alumnado de 4º ESO e Bacharelato, todavía por confirmar.