"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.
jueves, 21 de octubre de 2010
Charlas informativas
Con motivo da celebración do Día da Biblioteca, 24 de outubro, impartiranse charlas informativas sobre a organización e o funcionamento da nosa biblioteca a cargo do profesor José Manuel Ramos.
lunes, 18 de octubre de 2010
GRUPOS
1º ESO:
Día: Venres
Profesor: Javier Martínez
Lectura: Kafka y la muñeca viajera
Autor: Serra y Fabra
2º ESO:
3º ESO:
4º ESO:
Día: Venres
Profesor: Javier Martínez
Lectura: Kafka y la muñeca viajera
Autor: Serra y Fabra
2º ESO:
Día: Luns
Profesor: Manuel Reboredo
Lectura: Cousas
Autor: Castelao3º ESO:
Día: Martes
Profesor: Xan Riobó
Lectura: A praia dos afogados
Autor: Domingo Villar4º ESO:
Día: Martes
Profesora: Belén Herrero
Lectura: El misterio de la cripta embrujada
Autor: Eduardo Mendoza
martes, 12 de octubre de 2010
MEDIOS PREVISTOS PARA A SÚA DIFUSIÓN
Parécenos moi importante difundir a actividade e facilitar a participación voluntaria de todos os alumnos e alumnas. Para isto contamos cos seguintes recursos:
- Colaboración de todo o profesorado do centro, en especial das titoras e titores, animando e motivando ao alumnado para participar.
- Na páxina web do centro, www.iesxunqueira1.com, dentro do apartado da biblioteca, temos un enlace do “club de lectura”.
- Taboleiro de novidades: informar sobre os libros que se van ler, dando a posibilidade de que se incorporen lectores e lectoras novos/as.
- Carteis nas aulas e na cafetaría.-Aproveitar a asistencia de alumnado que non forma parte do club ás actividades complementarias para animalos a participar.
- Exposicións de actividades de creación plástica, musical,... do alumnado relacionadas coas lecturas.
- Participación e colaboración desde o club de lectura na revista do noso centro: Xuncos.
- Elaboración do blog A ESMORGA XUNQUEIRA 1, aberto á participación e colaboración de toda a comunidade educativa.
DINÁMICA
Nunha primeira sesión preséntase o libro que se vai ler, o seu autor ou autora, a súa estrutura, e establécese un número determinado de páxinas/capítulos para comentar na seguinte reunión.
Nas seguintes sesións coméntase o lido, compartindo opinións, emocións, descubrimentos,... que suxire o texto, e realízanse diversas actividades complementarias sobre a lectura.
O alumnado disporá dun caderno individual para anotar as observacións que lle suxira a lectura.
Algunhas actividades como o visionado de películas ou documentais relacionadas cos libros, a visita á biblioteca, ou a invitación dalgún autor, realizaranse fóra do horario lectivo, facilitando así a asistencia de persoas que non participan no club (profesorado, alumnado, persoal non docente, familias).
AVALIACIÓN
Unha vez realizadas, todas as actividades serán avaliadas tanto polo profesorado como polo alumnado, valorando a súa continuidade e recollendo as propostas de mellora de cara ao vindeiro curso.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS
Ademais realizaremos actividades complementarias ás lecturas, dirixidas a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias, persoal non docente) co obxectivo de motivar e animar á lectura. Algunhas delas son:
- Realización de actividades artísticas como a elaboración de ilustracións, deseño de portadas, seleccións musicais… relacionadas co libro que se está a ler e posterior exposición no centro.
- Lecturas teatralizadas.
- O alumnado que forma parte do club fai a presentación do libro aos compañeiros/as da súa clase.
- Creación literaria: inventamos un novo final para o libro, escribimos o argumento dunha posible “segunda parte”, facemos crítica literaria,…
- Investigamos sobre a autoría, ou sobre a súa época histórica
- Visionado e posterior debate de películas ou documentais relacionadas cos temas de lectura, convidando ás familias e ao persoal non docente.
- Invitación de escritores ou escritoras para coñecelos/as e ter a posibilidade de compartir opinións sobre algunha das súas obras.
- Visitas á Biblioteca Pública de Pontevedra, e á Biblioteca da Universidade.
- Actividades para celebrar o 23 de abril ou o 17 de maio.
ACTIVIDADE PRINCIPAL
A actividade principal do club de lectura consiste en compartir as experiencias lectoras dos alumnos e alumnas participantes coa mediación dun profesor ou profesora encargado de conducir o proceso.
Na escolla dos textos temos en conta a diversidade de xéneros literarios e a lingua, alternado textos en galego e castelán, así como a educación para a igualdade de xénero.
FINALIDADES DEL CLUB
Propoñémonos estes 5 obxectivos, concretos e asequibles, mais non por iso pouco importantes:
- Ofrecer a posibilidade decompartir a lectura con outras persoas de igual idade.
- Facilitar acomunicación cos seus/súas iguais e a oportunidade de compartir gustos, inquedanzas, opinións, emocións e descubrimentos tendo como fío condutor un libro, unha lectura.
- Favorecer a percepción da lectura como unha actividade de lecer, de entretemento, afastándonos da idea da lectura como imposición.
- Proporcionar unha selección de textosinteresantes, motivadores, de temáticas diversas, facilitando o seu acceso ao alumnado.
- Desenvolverhabilidades de interacción grupal: capacidade de diálogo, escoita activa, respecto ás opinións e puntos de vista diferentes, elaboración de ideas propias,…
jueves, 7 de octubre de 2010
BREVE HISTORIA
O noso club de lectura créase no curso 2007-08 como continuación do traballo de catro profesoras moi interesadas en achegar o mundo dos libros ao alumnado, animando á lectura, fomentando o uso da biblioteca de aula e o caderno de lectura.
Desde entón fomos medrando e aumentando a nosa presenza na vida do centro. Comezamos con 2 grupos de alumnos/as, o pasado curso 2009-10, tivemos 5 grupos funcionando. A implicación do profesorado tamén foi a máis, de 4 profesoras pasamos a ser 10, incorporándose profesorado de diferentes departamentos didácticos, non exclusivamente de linguas.
Melloramos tamén a diversidade de propostas tanto de libros, como de actividades,…
E desexamos seguir medrando…
martes, 5 de octubre de 2010
PROFESORADO
O profesorado que participa no Club de lectura "A Esmorga" pertence a distintos departamentos didácticos:
Na lectura compartida dos libros o profesorado participa cunha función mediadora e de facilitación.
- Belén Herrero Lingua Castelá
- Laureano Aragunde Lingua Galega
- Javier Martínez Lingua Castelá
- Xan Riobó Lingua Galega
- Manuel Reboredo Ciencias Sociais
- Encarna Fernández Lingua Galega
- Rosa San Luis Lingua Castelá
- Mónica Pérez C.S. Educación Infantil
- Lola Varela Lingua Castelá
Na lectura compartida dos libros o profesorado participa cunha función mediadora e de facilitación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)