"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

jueves, 3 de mayo de 2012

TEATRO PRINCIPAL 23 de Abril

A Compañía de Teatro do Instituto actuou no Teatro Principal o pasado 23 de abril. Podedes ver unhas fotos da súa actuación.

martes, 1 de mayo de 2012

DÍA DO LIBRO


                                                            


Con motivo da celebración do Día internacional do Libro, realizamos algunhas actividades vencelladas con esta data:

- A representación da obra Conversa entre mulleres, Adaptación de Lisístrata e Asemblea de mulleres de Aristófanes

-  intercambio de Libro por Libro na biblioteca do centro.

- Ao longo da semana proxectáronse no corredor principal vídeos ou power-point alusivos aos libros e a escritores e escritoras famosos.

-presentación pública da mascota do Club de Lectura A Esmorga E do libro ESCRITO polo alumnado do club de lectura de 1ºESo (A PRÓXIMA SEMANA)

- O alumnado de 1º ESO visitou a Biblioteca para coñecer o seu funcionamento e os seus fondos guiados por un profesor responsable da mesma.

- Ao longo da semana utilizamos a Biblioteca como aula e lugar de actividades por parte do profesorado interesado.