"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

sábado, 26 de abril de 2014

BOLA DE SEBO

     Os alumnos do C. de L. de 4º ESO, despois de ler o libro "Sombras" de Marta Rivera de la Cruz, con certa decepción, pois parece que non resultou unha historia axeitada as súas expectativas, van a emprender a lectura de algo máis clásico: Bola de sebo, conto do autor francés do século XIX Guy de Maupassant. As súas impresións as reflictiremos en breve.
     O profesor que está a dirixir esta lectura, José M. Ramos, considera este conto como unha das mellores narracións de Literatura Universal de tódolos tempos. Esperemos que a súa lectura deixe a lo menos unha pegada no espíritu do noso alumnado.

Bola de sebo narra as vicisitudes dunha muller que viaxa nunha dilixencia dende Rouen ata o Havre, cando Francia está ocupada polo exército prusiano despois da derrota na guerra de 1870. Na dilixencia viaxan todos os representantes dos estamentos sociais da Francia decimonócia: A aristocracia, a burguesía, o clero, os revolucionarios...etc