"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

miércoles, 10 de octubre de 2018

Libros do primeiro trimestre. Curso 1918-19

CLUB DE LECTURA "A ESMORGA"

OBRAS DE LECTURA PROPOSTAS PARA O PRIMEIRO TRIMESTRE


Ola un curso máis.
Iniciamos unha nova andaina do club. Como sempre, agardamos que vos animedes a participar nas nosas actividades, e para iso seleccionamos coa mellor intención un feixe de obras que oxalá esperten o voso interese.
Velaquí as nosas propostas e lembrade que vós tamén podedes propoñer obras do voso agrado.

Para primeiro, ofrecémosvos a lectura de Cando petan na porta pola noite, de Xabier Docampo, un clásico da nosa literatura de "terror".


Para segundo, pensamos en Bágoa de lúa, o primeiro libro de "As crónicas de Landereina", de Sabela González, dedicada a un mundo fantástico.



Para terceiro, escollemos A noite vai coma un río, de Álvaro Cunqueiro, para os que desexen adentrarse no mundo do teatro, e Kafka e a boneca viaxeira, de Sierra i Fabra, para os que non teñan lido a obra.








Finalmente, para o de cuarto, propoñemos un clásico de Stefan Zweig, experto en analizar o mundo dos sentimentos e as súas viaxes emocionais.


Feliz lectura!


lunes, 16 de abril de 2018

Libros para o terceiro trimestre

Ola de novo.

Para estes meses que restan do curso, propoñémosvos tres obras. 

A primeira será de lectura común para Primeiro da ESO, o PMAR de Segundo da ESO e o Primeiro de Bacharelato. Ademais, tamén a lerán os rapaces e rapazas dalgúns dos centros adscritos e agardamos que o seu autor nos faga unha visita. Trátase de Made in Galiza, de Sechu Sende, que no noso centro é xa un clásico.







A segunda é Tristes armas, de Marina Mayoral. Os rapaces de Segundo da ESO con certeza gozarán ó ler esta obra da autora que algúns xa coñecen por teren lido Chamábase Luís.






Por último, os rapaces e rapazas de Terceiro da ESO lerán unha obra sobre o acoso escolar recentemente levada ó cine: La lección de August, de R. J. Palacio.






Agardamos que acabedes satisfeitos. Ánimo e a ler.





















martes, 30 de enero de 2018

Os libros do segundo trimestre

Co inicio do ano, buscamos novas obras que satisfagan a vosa curiosidade. Desta vez, propoñémosvos as seguintes:

Para Primeiro curso da ESO, un dos nosos clásicos: Kafka e a boneca viaxeira, de Jordi Sierra y Fabra


Para os de Segundo, Rebeldes, de Susan Hinton



Para os de Terceiro, Hipatia, la maestra, de Florenci Salesas



Para os de Primeiro de Bacharelato, dúas opcións: Matar a un ruiseñor, de Harper Lee, e As murallas de Bérxida, de Fernando Cerezales




Esperamos que sexan do voso agrado.