"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

lunes, 3 de diciembre de 2012

CERTAME LITERARIO


                                      


CERTAME LITERARIO
Con motivo do día Internacional da Violencia de xénero,
 o club de lectura “A esmorga” convoca
un certame de microrrelatos
CATEGORÍAS E PREMIOS
Establécense as seguintes categorías:
Categoría A….ESO               
Categoría B…..Bacharelato e ciclo
Categoría C…..Profesorado e persoal non docente
CARACTERÍSTICAS DOS TRABALLOS
Os relatos, orixinais e inéditos, poderán ter un máximo de 1 folio . Os traballos poden estar escritos en lingua galega, castelán, francés ou inglés.
PRAZO DE ENTREGA
O prazo de admisión rematará o 21 de novembro
ENTREGA DOS TRABALLOS
Os orixinais presentaranse na Biblioteca durante os recreos e neles figurará o título do traballo, un pseudónimo e o curso ao que pertence o alumno/a. Nun sobre pechado (no exterior escribirase o dito pseudónimo) aparecerán os datos persoais:nome e curso do alumno/a , nome do profesor/a ou persoal  non docente no seu caso.
XURADO/ENTREGA DOS PREMIOS
O xurado estará composto por profesores/as do centro e o fallo do xurado farase público o día 22 de novembro, no recreo, na Biblioteca.