"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

lunes, 18 de febrero de 2013

LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE


1ºESO-   KAFKA Y LA MUÑECA VIAJERA de Jordi Sierra i Fabra

2ºESO-   ANA Y LA SIBILA de Antonio Sánchez Escalonilla

3ºESO-   A PRAIA DOS AFOGADOS de Domingo Villar

4ºESO-   O SABRE DO FRANCÉS de Miguel Anxo Fernández

1ºBACH-   ANTOLOXÍA DE TEXTOS DO PROGRAMA DE 1ºBACH

2ºBACH-    UNHA HISTORIA SENCILLA de Leonardo Sciascia

viernes, 15 de febrero de 2013

Unha nova actividade

                    UNHA NOVA ACTIVIDADE NO CLUB DE LECTURA
                                      PROFESOR: XAN RIOBÓ

   

  Inicialmente tiña previsto utilizar A Praia dos afogados do autor Domingo Villar como libro de lectura dado que, desta  maneira, continuaríamos a saga de leo Caldas, o inspector protagonista de Ollos de auga, libro de lectura obrigatoria no primeiro trimestre para o nivel de 3ºESO.
     Porén, a profesora Carmina Aguado comentou con moi bo criterio a posibilidade de que a lectora de inglés, Merve Özdermir, de orixe turca, participase activamente nesta actividade, razón pola que me decidín por Istanbul e o cabaliño de ouro, do autor Fernández Naval. Desta maneira os alumnos terían información directa sobre o país e a cultura turcas amén de darles a posibilidade de realizar un percorrido “virtual” por aqueles lugares nos que se ambienta a novela.



Por último, realicei algunas xestións para que o autor puidese dar alguna charla sobre a novela citada e tamén sobre a que será lectura obrigatoria no segundo trimestre para este mesmo nivel da ESO, Nota roja. A esta conferencia asistiron os membros do Club de Lectura e os alumnos dos grupos 3ºESO A e 3º ESO C, así como os alumnos de diversificación de 3ºESO D