"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

lunes, 20 de marzo de 2017

CLUB DE LECTURA EN 1º DE BACHILLERATO


Este es el cartel que he puesto en la puerta del aula C3 para que todo el mundo sepa que allí, donde normalmente se imparte clase de Lengua Castellana y Literatura, se está también disfrutando cada martes, durante el recreo, de la lectura de esta preciosa novela de Harper Lee, Matar a un ruiseñor (To Kill a Mockingbird, 1960).

Estoy muy contenta porque el año pasado nadie se había apuntado en 1º de Bachillerato a nuestro Club de Lectura, pero este año, creo que he convencido a unos poquitos alumnos de que no se podían perder las enseñanzas del abogado Atticus Finch o la particular visión de su hija Scout, la cual se convierte en genial narradora de esta historia. Nos relata unos hechos ocurridos en el sur de los Estados Unidos allá por la época de la Gran Depresión y nos retrata una sociedad caracterizada por terribles prejuicios raciales hacia la comunidad negra. 

***

Cuando acabéis de leer esta maravillosa novela, me encantaría que comentarais alguno de los siguientes aspectos que os propongo, para  que completéis vuestra lectura un poquito más, que averigüéis algo más de la historia de EEUU o de la autora, que comparéis la novela con la película de Gregory Peck, y que, sobre todo, le contéis a los que todavía no han leído la obra, qué es lo que más os ha gustado en cuanto a la historia que se narra y en cuanto a su calidad literaria.

Dividiréis vuestro comentario en dos partes, siendo una de ellas vuestra opinión personal sobre qué os ha parecido la obra tanto desde el punto de vista del contenido como desde la perspectiva de su estilo literario, la narración, la caracterización de los personajes, el lenguaje empleado, etc.

En la otra parte del comentario deberéis elegir alguno de los siguientes puntos. Estaría bien que no repitierais aquellos de los que otros compañeros han hablado, por eso de que esto no se hiciera muy aburrido. Si quisiérais desarrollar algún punto en concreto, hacedlo rápido por si otro se adelanta, ¡ya sabéis!

1.  LA AUTORA. ¿Quién fue HARPER LEE? Cuenta algo de su biografía: dónde y cuándo nació, cómo era su vida, cuál era la profesión de su padre, tenía hermanos, qué obras escribió, etc.



2. MAYCOMB. ¿Existe realmente este pueblo? Busca información sobre él y comenta algo de cómo se presenta este pueblo en la novela.


3. HECHOS REALES QUE PUEDEN SER LA BASE DE LA HISTORIA. La autora fue testigo de un terrible suceso que pudo haber inspirado la historia de Matar a un ruiseñor: los "juicios de Scottboro" en 1931. Cuenta qué hechos ocurrieron y dónde.

4. La novela recoge la era previa al MOVIMIENTO POR LOS DERECHOS CIVILES DE EEUU, ¿podías resumir un poco en qué época tuvo lugar este movimiento, en qué consistió en términos generales y qué figuras destacaron en él?



5. LA GRAN DEPRESIÓN: ¿En qué momento de la historia de los EEUU tuvo lugar este hecho? Describe en términos generales en qué consistió. ¿Está bien retratada esta época en la novela?

6. TRUMAN CAPOTE se ve reconocido en el personaje de Dill de Matar a un ruiseñor. Cuéntanos algo de quién fue este hombre.



7. Selecciona varias FRASES DE LA OBRA que te hayan llamado especialmente la atención e indica quién las dice y cómo se interpretan.

8. EL TÍTULO DE LA OBRA. ¿Qué significa ·matar a un ruiseñor"? ¿quiénes son los "ruiseñores" de la novela? ¿Lo titularías de otra forma? 

9. TEMAS DENTRO DE LA OBRA:
 -La importancia de la educación de los hijos, como base para cambiar un pensamiento global.
-¿Es un héroe Atticus Finch?
-El punto de vista narrativo: ¿qué perspectiva aporta la visión de una niña?
-Los personajes de la obra: ¿alguno te ha llamado especialmente la atención? ¿por qué?
-El uso de las armas de fuego en EEUU.
-Valores que transmite la historia.

10. CINE. Compara la novela con la película del mismo título, de 1963, dirigida por Robert Mulligan e interpretada, entre otros, por Gregory Peck, Mary Badham, Phillip Alford, John Megna o Brock Peters. Y... ya sé que es como preguntar "a quién quieres más ¿a tu padre o a tu madre?", pero ¿prefieres la novela o la película? Yo me quedo con las dos...



Por último, ¿CÓMO INTRODUCIR TU COMENTARIO? 
-Pincha en la pestaña de "Comentarios" al final de esta entrada de blog.
-Escribe nombre, apellidos, curso y grupo.
-Escribe la respuesta a las preguntas propuestas.
-Comenta como "anónimo".
-"Publicar".
-Marcar "no soy un robot".
-"Publicar".

lunes, 13 de febrero de 2017

LECTURA. RECETA DE GALLETAS RECHEAS DE PRALINÉ.

video

NOVOS TÍTULOS PARA O SEGUNDO TRIMESTRE

NOVOS LIBROS PARA O CLUB DE LECTURA

Novo trimestre, novos libros, aínda que algúns só cambian de destinatario. Agora propoñémosvos, ademais de Matar a un ruiseñor, os seguintes:





Que teñades unha feliz lectura!


lunes, 14 de noviembre de 2016

Libros recomendados para o primeiro trimestre do curso 2016-2017

Benvidos ó Club de Lectura "A Esmorga" un curso máis. Agardamos que veñades con ansias renovadas. Xa sabedes cales son os libros elixidos para este primeiro trimestre, pero non está de máis lembralos. Quizais así se apunte alguén máis. Quen sabe?

 Os participantes de 1º da ESO poden escoller entre tres obras, que son as seguintes:


























Os de 2º, poden escoller entre dous:





 Os grupos de 3º e 4º terán cadanseu libro:

 

 


 Lembrade que estamos abertos ás vosas recomendacións e peticións, así que, se estes non son do voso agrado, non tedes máis que dicilo. Seguro que atopamos algún que nos guste.

miércoles, 27 de abril de 2016

LECTURAS PARA O CURSO 2015/16 (TERCEIRO TRIMESTRE)

Ola, de novo!!!!

Aquí estamos outra vez no mesmo lugar para recomendarvos a lectura das seguintes obras para o terceiro trimestre...

Esperemos que vos guste e que nunca perdades a ilusión de descubrir novas personaxes, novos mundos, novas historias nas que nunca vos imaxinaríades que poderíades participar...



(1º ESO)
 
(2º ESO)
(3º ESO)
(3º ESO)
(4º ESO)

miércoles, 20 de enero de 2016

RESPOSTAS AO CUESTIONARIO DE A MEMORIA DA CHOIVA




Respostas:

1A. Do xénero dramático ou teatral.

1B. Normalmente, o primeiro sería a presentación; o segundo, o terceiro e o cuarto serían o nó; e o quinto, co epílogo, o desenlace.


2A. O 150 aniversario da publicación de Cantares galegos.

2B. Algúns son claros e outros, confusos. “O sangue” está relacionado co tipo de crimes cometidos por Xacobe; “O Mar”, co final preparado para Sofía; “A Luz”, co esclarecemento das motivacións dos crimes. “O Ruído”, “O Vento” e “O Lume” teñen unha intrepetación menos clara.

2C. Aurelio Aguirre foi un poeta moi coñecido en Santiago cando Rosalía era adolescente. Escribiu sobre todo en castelán; participou no Banquete de Conxo, xunto con Eduardo Pondal. Prototipo de poeta romántico, morreu afogado na Coruña, e algúns autores opinan que Rosalía estivo namorada del na súa mocidade. Inspirou o poema rosaliano “Cando penso que te fuches”, máis coñecido polo título da súa versión cantada: “Negra sombra”.


3A. É un xornalista que está atravesando unha profunda crise tanto sentimental como laboral. Foi despedido do seu anterior emprego e ten que gañar a vida escribindo para unha revista pouco seria. Foi abandonado pola súa anterior compañeira sentimental. Vive pendente da súa nai, que pade Alzheimer.

3B. Aparece asasinado un suposto psicanalista que colabora na prensa e a televisión publicando artigos polémicos e incluso aldraxantes, Xosé Carneiro.

3C. É asasinado cun cravo espetado no seu corazón, o cal o pon en relación con “Unha vez tiven un cravo”, o poema pertencente a Follas novas.


4A. Alba Mendoza e Diego Castro.

4B. Penélope Santalla non aparece porque posiblemente nese momento está sendo asasinada por Xacobe.


5A. Adriano.

5B. Porque Sofía cre que o autor ou autora do asasinato ten que ver coa Fundación ou a Casa-Museo de Rosalía. Aquiles tamén cre que ten que haber algunha relación con Rosalía, xa que aparecen fragmentos de poemas da autora santiaguesa na escena dos crimes.


6A. Nos seus compañeiros de traballo, Santiago Seoane –decano da facultade de Filoloxía, que está interesado nela- e Dorian Castle –o seu compañeiro de despacho e departamento na facultade, sobre quen non ten sospeitas-.

6B. Os ruídos que proceden do piso superior do seu edificio, o cal debería estar baleiro.

6C. Tino é o conserxe da Casa-Museo de Rosalía.

6D. Aquiles coida que o asasino ten que ser un descendente de Rosalía de Castro.

6E. Cre que era neta de Gala, a filla de Rosalía, a única que viviu ata os anos sesenta, porque nalgún momento a oíu que a chamaba “avoa”. Na película aparece sempre a carón de Gala, como se fose a súa coidadora ou secretaria.


7A. Trátase do asasinato de Beltrán de Brión, o fillo adolescente de Calímaco.

7B. É unha carta enviada por Manuel Murguía a Víctor Said Armesto en 1917.

7C. Murguía cóntalle que Gala tivo unha filla como consecuencia da súa relación cun sacerdote –ó igual que lle pasara á súa avoa-. Para evitar o escándalo, levoulla a unha familia residente no concello de Arteixo, a familia Pan, coa que el vivira na súa infancia –pois tamén o seu pasado foi estraño-. Esta filla, nacida en 1895 –Gala nacera en 1871-, recibiu o nome de Estela, e Murguía cre que nese ano, 1917, aínda vive. Logo saberase que Murguía enviaba cartos para a súa manutención.

7D. Non sería a única supervivente, porque tamén se conta que Ovidio tivo un fillo dunha modelo. Ese fillo nunca foi recoñecido pola familia. Os fillos de Aura, dous xemelgos, só viviron seis meses.


8A. O seu pai foi un mariñeiro a quen o seu avó lle pagou para que marchase.

8B. Anxo Aián, personaxe relacionado coa Real Academia Galega, quen se apodera dos cartos aforrados por Gala e dalgunha das súas propiedades.

8C. Di que se chama Xacobe.

8D. O principal trazo da súa personalidade é o odio ou o resentimento con respecto á súa familia materna porque Murguía e as súas fillas nunca quixeron recoñecer nin a ela nin á súa nai. O seu maior orgullo era sentirse descendente de Rosalía.

8E. Aquiles decátase demasiado tarde de que na casa de Ariel había, antes de entrar Sofía e mais el, dúas persoas –unha das cales era Xacobe, o fillo de Ariel, quen non dubida en matar á súa nai por ter falado de máis, na súa opinión-. Xacobe, na súa loucura, cóidase descendente directo de Rosalía –de aí que adopte os nomes de Tino e Adriano- e non sente apenas afecto pola súa auténtica nai. Esta, co seu resentimento, foino afastando de si sen decatarse.

8F. Despois de que Aquiles non quixese deterse no seu apartamento, abre a porta a outra persoa coidando que se trata do xornalista.

9A. Xacobe identifica a choiva con Rosalía, de modo que el é, en certo modo, o fillo da choiva.

9B. Diego Castro aparece morto e colgado de forma macabra.

9C. Xacobe adopta o nome de Tino.

9D. As esplicacións dos crimes son varias e ás veces moi superficiais. Basicamente, mata a Xosé Carneiro por non manter unha actitude respectuosa cara a Rosalía; a Penélope Santalla, por aproveitarse da figura de Rosalía para o seu lucimento e enriquecemento persoais; a Diego Castro, máis ou menos, polo mesmo motivo; a Calímaco de Brión, por poñer a Aquiles sobre a súa pista; a Beltrán de Brión, para facer sufrir ó seu pai; ó anterior conserxe da Casa-Museo de Rosalía e ó axente Cabanas porque lle entorpecían a realización dos seus plans; e á súa nai, Ariel, por dar información sobre el e talvez pola relación amor-odio que a súa loucura lle fai ter cara a ela.

9E. Non mata a Aquiles, a pesar do que di, porque lle cae simpático e, en certo modo, sente compaixón por el. Puido matalo ma noite de borracheira, tras o seu encontro con Calímaco, pero non o fai porque ve que é un infeliz. Sente ciúmes de Aquiles porque ve que a súa amada Sofía –a única persoa íntegra que se achega á figura da súa antepasada- vai namorándose del; pero ó mesmo tempo desexa que Sofía sexa feliz. Por iso tampouco os mata cando entrevistan á súa nai.
Ó final, ofrécelle dúas posibilidades: ou ben intentar salvar a Sofía, que se atopa a carón das Torres do Oeste, en Catoira, con perigo de morte a causa do abalo da marea, ou ben ir tras del, que se vai refuxiar na súa casa.

9F. Aquiles, tras escapar do lugar onde estaba encerrado, chama a Dorian Castle e Andrés Casaperda; ó primeiro, para que lle explique o sentido dos versos que Xacobe escribiu relacionados coa posible morte de Sofía; ó segundo, para indicarlle que vai buscalo ó piso superior do edificio de Sofía, onde cre que Xacobe residía.

9G. Non de todo. Polas explicacións de Dorian, chega a tempo de rescatar a Sofía; pero Andrés non atopa a Xacobe, senón un exemplar de Follas novas aberto pola páxina do poema “Adiós”.


10A. A muller perseguida é Andrea Muruais. Esta colaborou con Diego Castro no desfalco das contas da Fundación e ten no seu poder os cartos roubados, polo que Xacobe debe pensar que merece o mesmo castigo que Penélope Santalla e Diego Castro.

10B. Dáse a entender que se atopa en Barcelona.

10C. Refuxiouse na Casa-Museo de Rosalía, en cuxa cama adoitaba deitarse –por iso aparecía ás veces algo desfeita-. Xacobe consideraba a casa como propia.

10D. É de supoñer que Xacobe asasinará a Andrea Muruais e se apoderará dos cartos roubados. Non parece probable que a súa vítima sexa Sofía, dado que esta é inocente, fixo pública a súa relación familiar con Rosalía e Xacobe anima a Aquiles para que non se demore en convertila na súa parella.


Cuestionario final.

1. Cita sete títulos de poemas de Rosalía mencionados na obra.

2. Ordena cronoloxicamente os asasinatos dos seguintes personaxes: Calímaco de Brión, Penélope Santalla, Beltrán de Brión, Xosé Carneiro, o policía Cabanas, Diego Castro, Ariel Pan ou Murguía, o anterior conserxe da Casa-Museo de Rosalía.

3. Segundo a novela, cal sería a árbore cronolóxica do matrimonio Murguía-Castro?

4. Cal sería a relación familiar que une a Ariel e Xacobe con Rosalía?

5. Por que Xacobe escolle os nomes Tino e Adriano?

6. Reúne os seguintes personaxes en catro grupos (policías, membros da Fundación Rosalía de Castro, xornalistas e profesores universitarios): Xosé Carneiro, Penélope Santalla, Alba Mendoza, Santiago Seoane, Dorian Castle, Sr. Capón, Napoleón Sevilla, Andrés Casaperda, Aquiles Vega, Diego Castro, Sofía Deneb.

7. Busca en internet ou na videoteca do centro “Pelerinaxe rosaliana”, Seven ou El silencio de los corderos e procura establecer unha relación entre unha destas obras e a novela.


Cuestionario final. Respostas.

1. Son mencionados, entre outros, “Unha vez tiven un cravo”, “Cando un é moi dichoso, moi dichoso”, “Cando penso que te fuches”, “Bos amores”, “Tecín soia a miña tea”, “A xustiza pola man”, “Ti onte, mañán eu”, “Adiós”, “Cando era tempo de inverno”, “Tan soio”, “Nas Torres do Oeste”.

2. A orde sería: anterior conserxe da Casa-Mueso de Rosalía, Xosé Carneiro, Penélope Santalla, Beltrán de Brión, o policía Cabanas, Calímaco de Brión, Ariel Pan e Diego Castro.

3. Sería o seguinte:

Manuel MurguíaRosalía de Castro
Alexandra Aura Gala Ovidio Amara Valentina Adriano
Casada con Casada con Relacionado con
Francisco Prats Pedro Izquierdo Visitación Oliva

Dous fillos Sen fillos un fillo

Relacionada con
Un cura

Estela
Casada con
Un mariñeiro

Ariel
Relacionada con
Anxo Aián

Xacobe

4. Ariel sería bisneta e Xacobe sería tataraneto de Rosalía.

5. Porque se considera fillo de Rosalía. Tino procede de Valentina, a filla que naceu morta, e Adriano era o nome do fillo que lle morreu nun accidente doméstico cando tiña ano e medio.

6. Xornalistas: Xosé Carneiro, Sr. Capón, Aquiles Vega.
Policías: Napoleón Sevilla, Andrés Casaperda.
Membros da Fundación: Penélope Santalla, Alba Mendoza, Diego Castro.
Profesores universitarios: Santiago Seoane, Dorian Castle, Sofía Deneb.

7. Resposta libre.


CUESTIONARIO SOBRE A MEMORIA NA CHOIVA


GUÍA DE LECTURA E CUESTIONARIO
SOBRE A MEMORIA DA CHOIVA, DE PEDRO FEIJOO

Guía e cuestionario por partes

1. A obra está dividida en cinco actos e un epílogo.

* O primeiro acto titúlase “O Sangue” e comprende os capítulos que van do 1 ó 4. Sitúase entre os días 7 e 9 de maio de 2013.

* O segundo acto titúlase “O Ruído” e comprende os capítulos que van do 5 ó 15. Sitúase entre os días 9 e 13 de maio do mesmo ano.

* O terceiro acto titúlase “O Vento” e comprende os capítulos que van do 16 ó 20. Sitúase nos días 13 e 14 de maio.

* O cuarto acto titúlase “O Lume” e comprende os capítulos que van do 21 ó 25. Sitúase nos días 14 e 15.

* O quinto acto titúlase “O Mar” e comprende os capítulos que van do 26 ó 30. Sitúase no día 16 de maio.

* O Epílogo titúlase “A Luz” e sitúase nun tempo posterior.

1A. De que xénero toma a denominación?

1B. Serías capaz de sinalar a que actos ou partes corresponderían a presentación, o nó e o desenlace?


2. Como podes ver, a acción sitúase nos días previos ó 17 de maio de 2013.

2A. Que se conmemoraba nese día?

2B. Atópaslle algún sentido ós títulos? Cal?

2C. Os actos son introducidos normalmente por un fragmento dun poema de Aurelio Aguirre. Que sabes deste poeta? O seu poema considérase un precedente dun coñecido poema rosaliano. Sabes cal?


3. No primeiro acto preséntase ó protagonista da novela, o xornalista Aquiles Vega, o cal, acompañado do seu amigo, o inspector da policía Andrés Casaperda, vai investigar un crime acontecido en Santiago de Compostela.

3A. Que aspectos do protagonista se destacan?

3B. Quen é o asasinado?

3C. Que peculiaridade presenta o crime que o pon en relación con Rosalía de Castro?


4. No capítulo 2 aparece outro personaxe fundamental, a profesora da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago Sofía Deneb, especialista na vida e a obra de Rosalía. Xunto a ela, atópanse uns personaxes secundarios relacionados coa Fundación Rosalía de Castro e a súa Casa-Museo.

4A. Como se chaman?

4B. Unha das responsables da institución non aparece. Por que?


5. Posteriormente Sofía recibe unha mensaxe anónima que a asusta.

5A. Que sinatura leva?

5B. Por que van a Padrón?


6. No acto segundo verás que Sofía, con Aquiles, se dirixe a Padrón, onde o xornalista coñece a uns personaxes interesantes. Durante a viaxe, Sofía lembra os compoñentes da familia de Rosalía de Castro. Posteriormente, Aquiles entrevístase con Calímaco de Brión, quen escribira unha dura réplica ó artigo ofensivo publicado no seu día por Xosé Carneiro. O estudoso dálle a Aquiles unha cinta gravada coa “Pelerinaxe rosaliana”, que está a piques de perder nunha noite de bebedeira. Posteriormente, Aquiles e Sofía viaxan á Coruña para visitar a casa onde vivira a familia Murguía Castro. Alí entrevistan a Antón Bareda, quen lles fala de Ariel e Anxo Aián. Nun momento verás que Sofía especula sobre quen lle tería enviado a mensaxe.

6A. En que personaxes pensa?

6B. Que detalle, ademais da mensaxe, esperta o seu temor?

6C. En Padrón falan con Tino. Quen é?

6D. Que intuición ten Aquiles?

6E. Antón Bareda fálalle con admiración de Ariel. Quen cre que era? Como aparece en “Pelerinaxe rosaliana”?


7. No acto terceiro, os protagonistas viaxan a Vigo para entrevistarse co profesor Solano Drumond, coñecedor de moitos segredos relativos ás figuras emblemáticas da literatura galega que non desexa que saian á luz. Ó principio, négase a colaborar e incluso ameaza a Sofía se segue investigando, mais, ó coñecer que se cometeu un novo asasinato, cambia de opinión e entrégalles un documento importantísimo.

7A. De que asasinato se trata?

7B. Que documento aporta datos fundamentais?

7C. Que se di nese documento?

7D. Sería o personaxe mencionado o único supervivente da familia Murguía-Castro?


8. No cuarto acto, o nó enrédase máis. Prodúcese a morte de Calímaco de Brión e do axente de policía Cabanas, que custodiaba a casa do investigador. Sofía recibe outro anónimo. Aquiles vai reducindo a lista de sospeitosos, ó deducir que o asasino tiña que ser amigo ou coñecido de Calímaco, dada a facilidade coa que entrou no domicilio do asasinado. En busca da familia Pan, citada na carta de Murguía, diríxense ó concello de Arteixo. Unha bibliotecaria remíteos a unha muller chamada Ariel, que ten un fillo. Esta pista parece aproximalos ó descubrimento do misterio. Conseguen falar con ela, que vive nunha aldea moi pobre, A Pastoriza. Alí ela fala sobre a súa historia familiar. A súa nai foi a filla de Gala, Estela, quen morreu ó dala á luz, en 1927. Ariel quedou ó coidado do seu suposto avó, Xesús Pan, quen lle contou, antes de morrer, en 1948, quen eran os seus auténticos familiares. Ó morrer Xesús, vendeu todo e foi en busca de Gala. Durante anos viviu con ela. Un personaxe fixo que Gala, no momento da súa morte, en 1964, modificase o seu testamento, de xeito que a Ariel non lle quedou nada. Non contento con isto, abusou dela, deixouna en estado e abandonouna no lugar onde habita. Da súa relación con ese home naceu un fillo, a quen educou de acordo coa súa amarga experiencia. Ariel recoñece que o seu fillo é o asasino. Aínda que acepta o seu desexo de vinganza, non está de acordo con algún dos asasinatos cometidos. Non está disposta a dicirlles máis e expúlsaos da súa casa.

8A. Quen foi o pai de Ariel? Como é que non participou na súa vida?

8B. Quen foi o personaxe que a estafou e arruinou a súa vida? Que fixo?

8C. Como di que se chama o seu fillo?

8D. Cal é o principal trazo do carácter de Ariel? A que é debido?

8E. Que descobre tardiamente Aquiles? Que sucede a causa do seu descoido? Por que?

8F. Que sorpresa agarda a Sofía ó regresar a Santiago?


9. No quinto acto comeza o desenlace. Por unha banda, Sofía aparece drogada mentres Xacobe explica algún dos seus actos e a súa relación coa choiva –o cal nos remite á interpretación do título da novela que estamos a ler-. Pola súa parte, Aquiles intenta deducir cal é o nome real baixo o que se oculta Xacobe –non o de Adriano, que é unha especie de pseudónimo-. Dubida entre Santiago Seoane e Diego Castro, e chega á conclusión de que se trata deste, polo que se dirixe a Padrón, onde espera atopalo. Alí, efectivamente, atopa a Diego Castro, pero en circunstancias impensadas. O auténtico criminal déixao esmorecido cun golpe tras recitar uns versos de Rosalía.

9A. Que relación ten Xacobe coa choiva?

9B. Como atopa Aquiles a Diego Castro?

9C. Baixo que nome se oculta Xacobe?

9D. Como explica os crimes cometidos?

9E. Por que non mata a Aquiles? Que posibilidades lle concede?

9F. Cales son os pasos que segue Aquiles para resolver o caso?

9G. Queda todo solucionado?


10. No “Epílogo”, vemos que Aquiles recuperou o prestixio e o traballo perdidos, que Sofía deu a coñecer os descubrimentos que realizaran e que a relación entre ambos avanza por bo camiño, a pesar da lentitude de Aquiles. De súpeto, recibe unha chamada. Trátase de Xacobe, quen se atopa noutra cidade perseguindo, ó parecer, a unha muller relacionada coa Casa-Museo que fora socia ou colaboradora de Diego Castro. Curiosamente, nesa cidade tamén se atopa Sofía. Xacobe anímao para que se lle declare, ou farao el, e explícalle por que non o matou e onde se refuxiou para que non o atopasen. Remata a novela así, cun final aberto. O criminal non é atrapado e está disposto a cometer un novo crime.

10A. Quen é a muller á que persegue Xacobe? Por que o fai?

10B. En que cidade se atopa?

10C. Onde se refuxiou para que non o atrapasen?

10D. Que supós que sucederá deseguido?



Cuestionario final.

  1. Cita sete títulos de poemas de Rosalía mencionados na obra.
2. Ordena cronoloxicamente os asasinatos dos seguintes personaxes: Calímaco de Brión, Penélope Santalla, Beltrán de Brión, Xosé Carneiro, o policía Cabanas, Diego Castro, Ariel Pan ou Murguía, o anterior conserxe da Casa-Museo de Rosalía.

3. Segundo a novela, cal sería a árbore cronolóxica do matrimonio Murguía-Castro?

4. Cal sería a relación familiar que une a Ariel e Xacobe con Rosalía?

5. Por que Xacobe escolle os nomes Tino e Adriano?

6. Reúne os seguintes personaxes en catro grupos (policías, membros da Fundación Rosalía de Castro, xornalistas e profesores universitarios): Xosé Carneiro, Penélope Santalla, Alba Mendoza, Santiago Seoane, Dorian Castle, Sr. Capón, Napoleón Sevilla, Andrés Casaperda, Aquiles Vega, Diego Castro, Sofía Deneb.

7. Busca en internet ou na videoteca do centro “Pelerinaxe rosaliana”, Seven ou El silencio de los corderos e procura establecer unha relación entre unha destas obras e a novela.


domingo, 17 de enero de 2016

LECTURAS PARA O CURSO 2015/16 (2º TRIMESTRE)

Ola, ola, ola!!!!!

Non perdades a calma!! 

Temos aquí xa un novo paquete de emocións, de aventuras e de tardes incribles pegados á cadeira ou cos ollos coma pratos tombados na cama!!

XA ESTÁN AQUÍ...

...AS NOVAS LECTURAS PARA O SEGUNDO TRIMESTRE!!! 

TACHAAAÁN!!!


1º ESO:

A autora, Ledicia Costas, de Vigo,
obtivo con esta narración
o Premio Nacional de Literatura
Infantil y Juvenil 

O seu autor, Jordi Sierra i Fabra,
de Barcelona, comezou a escribir literatura
cando só tiña oito anos
e aos doce
xa tiña feita a súa primeira novela
de cincocentas páxinas!!

O autor desta obra é tamén de Vigo!
Podedes acceder ao blog de Megatoxos aquí:
http://megatoxos.blogspot.com.es


2º ESO:
A súa autora, Care Santos, é de Barcelona
e levou con esta historia
o Premio EDEBÉ 2015.
Sabías que a súa protagonista loita por conseguir as mellores notas?
Coma ti!!

3º ESO:
A súa autora, Mª Isabel Molina, é de Madrid
e levou con esta novela o accésit do Premio Lazarillo
de Creación Literaria (1995).
O protagonista desta historia
ten una enoorme facilidade para os números...
Que envexa!





4º ESO:
O humor de Miguel Mihura
e sorpendentes personaxes.  


1º BACHARELATO:
Outro escritor vigués, Pedro Feijoo,
e unha novela policiaca que nos engancha ata o final!
Este ollo é algo inquedante, non si?

Esta novela, tamén policiaca,
da estadounidense Patricia Highsmith,
é a primera dunha serie cuxo
protagonista é nada máis e nada menos
que un intelixentísimo estafador que suplanta ás suas vítimas...
A que apetece lelo?



E NON VOS ESQUEZADES DE QUE...

A LECTURA PREXUDICA SERIAMENTE A IGNORANCIA

viernes, 4 de diciembre de 2015

LECTURAS PARA O CURSO 2015/16 (1º TRIMESTRE)

COMEZAMOS O NOSO CLUB DE LECTURA!!!

Deveciades por empezar a ler con nós, non si? 

Pois sen máis demora, aquí tedes as propostas para este ano:


1º de ESO
2º de ESO
3º de ESO
4º de ESO

1º de Bacharelato


ANIMÁDEVOS A LER!!! 

XA SABEDES QUE OS LIBROS SON UN BO TEMA DE CONVERSACIÓN!!!

viernes, 22 de mayo de 2015

GUÍA E CUESTIONARIO DE O PINTOR DO SOMBREIRO DE MALVAS, DE MARCOS CALVEIRO



Aquí están as respostas ao cuestionario presentado hai algunhas semanas!

Lembra que isto ten que servir sempre como comprobación ao teu traballo previo, é dicir: nunca substitúas a túa lectura e o teu proceso de investigación persoal pola copia das solucións que aquí che amosamos. Pero, ben, iso xa o sabes ti, por suposto. Seguro que o fixeches moitísimo mellor!

Imos aló!

Comezo

Fíxate en que a novela comeza cunha cita dun tal Vincent (“Non esquezamos que as pequenas emocións son os grandes capitáns das nosas vidas”) e cun debuxo que nos presenta a un pintor andando por un camiño rural. Despois aparece outra imaxe que presenta o inicio dun camiño e ó seu pé unha data imprecisa: “Verán de 1890”

Capítulo 1

Observamos que aparece un narrador en primeira persoa que non di o seu nome, pero si que leva vivindo cunha tía da súa nai oito meses e que se separou desta, en París, cando tiña dezaseis anos.
-Como é a relación coa tía Jojo?
É mala. El considéraa unha vella tola.

-Dá a entender cales poden ser as causas desta relación?
A tía Jojo parece pensar que o narrador é unha proba da “vergoña familiar”, porque a súa nai o tivo estando solteira e non dixo quen era o seu pai.

Un día ve como baixa do tren no apeadeiro de Chaponval “un forasteiro” que “levaba o sombreiro enfeitado con malvas”. O narrador, obedecendo a un impulso estraño, ségueo e observa como contempla Auvers, a localidade onde vive, e se dirixe a unha pousada.
Entón menciona a Gustave Ravoux, Adeline e Jules.
-Quen son estes personaxes?
Gustave Ravoux é o dono da pousada onde vai vivir Vincent; Adeline é a súa filla, e Jules é o líder dunha banda de rapaces de Auvers que non aceptan ó protagonista.

Capítulo 2

Ó día seguinte, o narrador axexa a saída do forasteiro da pensión. Ve que pasa pola vivenda do doutor Gachet e logo vai pintar –cousa que fai con moita paixón-. O pintor descóbreo e preséntase. É Vincent. Conversan e este proponlle que lle faga de guía.
Ó saír da fonda, o narrador é obxecto da burla de Adeline.
-Como é descrita esta?
Como unha persoa fermosa e fría, con “rostro de porcelana” e “ollos verdes”.

Capítulo 3

O narrador trata sobre as súas tensas relacións coa tía Jojo, quen non tarda en manifestarlle o seu desgusto por velo acompañando ó pintor, que acode con frecuencia á casa do Doutor Gachet.
-Por que vai Vincent á casa deste?
Porque Gachet o trata da súa enfermidade nerviosa (como logo se saberá). Ademais, é moi afeccionado á pintura e Vincent agarda que lle merque algún cadro.

-Que aspectos che parecen estraños da maneira de ser do doutor?
A pesar de ter certo prestixio como médico e posuír unha condecoración polo seu comportamento na guerra contra os prusianos, compórtase de maneira un tanto bohemia, como demostra que saque a pasear unha cabra.

-Algunhas veces, o narrador queda no seu cuarto lendo ás agachadas unha obra de Zola. Que sabes deste escritor?
Foi o principal escritor naturalista francés. Liderou esta escola con novelas como Thérèse Raquin, Germinal, Au bonheur des dames ou Nana. Tivo unha participación decisiva nun escándalo político da época: o caso Dreifus.

Capítulo 4

O narrador segue acompañando a Vincent. Este desexa recuperar cadros que pintara no Sur. Grazas a el, coñece o sabor do chocolate con leite, que lle envía un empresario suízo, chamado Nestlé –creo que nos soa-, ó seu amigo, o doutor Gachet. O chocolate con leite serve para que o narrador entre nunha nova etapa na súa relación con Adeline.
-Que sucede?
Estando a comer no chocolate, pasa Adeline, quen se ri ó ver ó protagonista manchado. Convídana, e ela leva ós seus irmáns, Germaine e Levert. Entón pasa por alí Jules, que mira con carraxe, porque considera a Adeline a súa noiva. O narrador sabe que debe ter coidado co mozo.

Capítulo 5

O narrador, avanzando na súa amizade con Vincent, visita o cuarto deste, en compaña do doutor Gachet, que é artista afeccionado e admira o talento do pintor. Entre as súas obras chámalles a atención unha.
-Cal cres que é? Por que se caracteriza?
É un autorretrato do pintor; aquel que pintou tras mutilar a súa orella.

Ó mesmo tempo, vemos como Adeline Ravoux se vai amosando dunha maneira distinta.
-En que consiste o cambio, a xuízo do narrador?
Aínda que o narrador aínda sente algo de medo na súa presenza, decátase de que non é tan fría como aparenta; ó contrario, pode amosarse apaixonada; por exemplo, ó enfurruñarse pola mala educación do seu pai.

Capítulo 6

O pintor fálalle do seu pasado no Sur.
-A que problemas alude?
Alude ós seus problemas nerviosos, se ben os envolve en expresións un tanto metafóricas como “pesadelos”, “pozo”...

Un día atópanse coas irmás Cavaignac, polas que ambos senten simpatía de inmediato.
-Como lles gustaría que as pintase? Por que?
Gustaríalles verse vestidas con roupas de cores, porque levan moitos anos cubertas de loito ó enlazar unha sucesión de mortes familiares tras o pasamento dos seus pais.

A relación do narrador con Adeline avanza un pouco máis.
En que sentido?
Adeline coquetea con el, buscando ou aceptando o contacto das súas mans.

Cítase un novo escritor decimonónico.
-De quen se trata?
De Guy de Maupassant, do cal se alude a un famoso relato: “Bóla de sebo”.

Capítulo 7

Este é un capítulo no cal se reflexiona sobre o paso do tempo. Vincent nótao curiosamente ó escoitar o son emitido por uns insectos, que lle afecta tanto que é incapaz de concentrarse na pintura dunhas barcas nas ribeiras do río Oise.
-Que insectos?
As carricantas.

-En que lle fan pensar?
Faino pensar, melancolicamente, no pasadía que é a vida.

Capítulo 8

A tía Jojo é moi beata, así que leva ó narrador a unha entrevista co padre Teissier, que se amosa desagradable.
-Por que?
Porque lle reprocha que ande a carón de artistas dos que ten un mal concepto e o acusa de ser igual á súa nai, a quen aldraxa.

A reacción do mozo é violenta, case está a piques de agredir ó sacerdote, guíndalle cos cartos que este tanto valora, e foxe. Bota moito de menos á súa nai. Máis tarde, atópase con Vincent na pousada. Este retrata paisanos e fálalle dun cadro moi famoso.
-Cal?
O retrato do doutor Gachet.

Capítulo 9

Agora aparece un novo personaxe, o xendarme Rigaumont, arredor do cal parece haber certo misterio relacionado coa nai do narrador.
-Que lle conta Rigaumont sobre ela?
Cóntalle que a súa nai era moi fermosa e fora unha mágoa o que lle sucedera; pero tamén se amosa burlón ó aludir a un encontro que tivo con ela no alboio das irmás Cavaignac.

Pola súa parte, Vincent está entretido limpando a súa habitación porque o seu irmán Theo, acompañado da súa familia, o vai visitar. O narrador discute coa tía Jojo e procura evitar a Rigaumont. Un suceso acontecido preto de Auvers faille pensar que o deixará en paz por uns días.
-Que sucede no tren que se dirixía a Auvers?
O tren tivera que deterse porque, estando en movemento, unha muller caera e morrera esmagada. O seu acompañante fuxira e os xendarmes andaban buscándoo.

Capítulo 10

O narrador e Adeline acompañan ó pintor unha noite, mentres este pinta. A escena amosa que os mozos van camiño de converterse en noivos. Gustave Ravoux deixa que a súa filla os acompañe a cambio de algo.
-De que?
A cambio de que Vincent pinte un retrato de Adeline.

O pintor explica por que lle gusta tanto pintar de noite.
-Cal é o motivo?
O motivo é que Vincent opina que de noite os nosos sentidos se concentran no esencial.

Capítulo 11

Vincent pinta a igrexa de Auvers. O padre Teissier amósase descontento, pero non intenta impedirllo. Curiosamente, pinta a parte traseira da igrexa e non a fachada principal.
-Como o xustifica?
Di que “ás veces, na traseira das cousas, atópase o máis fermoso delas” E engade: “Tendemos a quedarnos sempre co aparente, coa primeira mirada, sen afondar, sen ir máis alá dos prexuízos do noso propio ollar. Pasamos pola vida coma cegos, batendo co noso caxato na verdade sen recoñecela, e cando nos decatamos xa é tarde de máis”

O pintor fala da súa familia e do seu pasado. Era fillo dun pastor protestante e el mesmo intentara ser pastor no medio de xente humilde e traballadora. Sen dúbida, era un home relixioso; para o narrador, que o ten idealizado, amosaba a fe dun santo (“un santo pecadento e bebedor”, matiza) e a sabedoría dun home que é capaz de ver cousas que un home normal é incapaz de ver. Esta lucidez prodúcelle dor.
-Como intenta evadirse desa dor?
Bebendo asente, porque o alcohol parece adormecer a consciencia de unha verdade dolorosa para el.

Capítulo 12

Vincent fálalle ó narrador da súa técnica como pintor (presume de ter a paciencia dun boi, pero nesta época fai máis dun cadro por día). Está nervioso e impaciente pola inminente chegada do seu irmán Theo e a súa familia. O narrador busca o niño abandonado dun paxaro para darllo como agasallo ó sobriño do pintor. Este meniño ten o mesmo nome que o pintor.
-Que outra persoa levou o mesmo nome? Como o descubriu o pintor?
Un irmán seu que nacera morto xusto un ano antes ca el. Descubriuno cando tiña seis anos, unha vez que, xogando no camposanto, tropezou e caeu sobre a sepultura.

Capítulo 13

O narrador observa a distancia o encontro do pintor cos seus familiares. Séntese só nese domingo. Parécelle que a súa vida, sen a compaña de Vincent ou Adeline, carece de sentido. Detense a falar con Pierre, o gardaagullas, quen lle conta o sucedido no tren días antes.
-Lembras que sucedera?
Unha muller morrera ó ser esmagada polo tren en que viaxaba. Pierre cóntalle que a muller fora empurrada polo seu acompañante, que logo se suicidou.

-En quen pensa con tristeza o narrador ó escoitar o acontecido?
Pensa na súa nai, xa que teme que esta poida ter un final parecido ó daquela muller.

Capítulo 14

Neste capítulo, o pintor, logo de encontrarse cun grupo de campesiños, tras comentar a importancia da expresión dos ollos nun retrato, manifesta con paixón a súa maneira de pensar: “Paréceme moito máis intensa a alma dun home que todos os ouropeis e damascos do mundo, aínda que sexa un pobre esmoleiro, un esforzado mineiro ou a máis tirada das galdrapas. Esa é a miña xente e entre eles quero estar, vivir e algún día morrer” (páxina 73).
-Atopas algunha ilustración na que se manifeste a importancia dos ollos ou a vida das xentes humildes?
Algunhas ilustracións presentan imaxes de campesiños realizando as súas tarefas; por exemplo, unhas mulleres segando nun prado ou uns campesiños renovando o tellado da súa morada.

Capítulo 15

Vincent conseguiu que a tía Jojo o aceptase lembrando as súas lecturas da Biblia, aínda que agora xa se considera máis ben descrido ou escéptico.
-Cando se familiarizou tanto con este libro?
El era fillo dun pastor protestante, así que posiblemente tivera que lela; pero sobre todo familiarizouse coa obra cando foi predicador no medio dos mineiros.

-Que lle conta o narrador sobre o seu pasado en París? Canto tempo hai que se separou da súa nai, a quen bota tanto de menos?
Cóntalle que a súa nai, en París, traballaba de noite e descansaba de día, polo que non podía vixialo e el se metía en leas ó andar con malas compañas. Ese foi o motivo fundamental de que o envíase á vivir coa tía Jojo en Auvers.Tamén lle confesa que nunca coñeceu ó seu pai, quen, ó parecer, non quixo casar con ela, a quen hai xa nove meses que non ve.

Capítulo 16

Chega á pensión outro pintor holandés, Anton Hirchig. Vincent preséntalle de tal maneira ó narrador, que este se sente ofendido.
-Por que?
Porque Vincent, con aparente indiferencia, o ofrece como un empregado e non parece consideralo o seu amigo.

Por outra parte, en contraste, Adeline pídelle perdón pola súa conduta anterior.
-Que fixera antes e que desexa agora?
Antes rírase cando Jules e os seus compinches o aldraxaron e perseguiron a croiazos. Agora, dándolle un bico nos beizos, dá a entender que desexa ser a súa noiva.

Capítulo 17

Vincent non lle pide desculpas ó narrador, pero intenta compensalo facilitándolle o encontro con Adeline. Si o fai Anton Hirchig. Falando con este, o narrador decátase de canto cambiou desde que abandonou as malas compañas de París.
-Por que?
Porque antes era un buscabullas e teríase burlado de Anton pola súa aparencia amaneirada.

Capítulo 18

Vincent vai comer cos Gachet e lévalle como agasallo a Marguerite, a filla do doutor, polo seu vixésimo primeiro aniversario, un retrato no que aparece tocando o piano. O narrador achégase a Pontoise en compaña de Anton Hircher. Este asómbrase da velocidade con que pinta Vincent. Tras un encontro desagradable para Hircher, o narrador cre que este escapa de algo.

Capítulo 19

O narrador sae con Vincent ata Bessancourt, en busca dunha paisaxe diferente e atopan a un avergoñado Anton. Vincent pregúntalle ó narrador que ve nun cadro –unha parella no medio dunha fraga- e explícalle o que desexa pintar: “Pois aí as tes ante os nosos ollos. As forzas que moven o mundo, as mesmas coas que todos loitamos no noso interior. A orde divina fronte ao caos da natureza”.
-Que nome lles pon ó home e á muller alí representados?
Chámalles Monsieur Chaos e Madame Harmonie.

Capítulo 20

O narrador vai asimilando ideas pesimistas do seu admirado Vincent –o que se busca, foxe; o que se pretende evitar, vén ó noso encontro-. De feito, sucédelle algo moi desagradable: Jules e a súa panda danlle unha tunda. Rigaumont, o xendarme, acode na súa axuda, pero sen darse présa –non evita que lle peguen-, e logo pregúntalle pola súa nai.
-Por que motivo lle pega Jules?
Porque, nun arranque de machismo, desexa que se aparte de Adeline.

-Que relación existe entre Rigaumont e a nai do narrador?
Non queda clara, pero o xendarme pregúntalle ó narrador se lle transmitiu os seus saúdos e parece lamentarse do carácter dela, quen semella que non desexou saber nada del, a pesar de coñecer o cariño que este lle tiña. O narrador dá a entender que esa relación pode ter algo que ver con el mesmo.

Capítulo 21

Vincent viaxa en tren ata París, temendo volver a experimentar algo que o angustia, relacionado coa súa estancia no sur de Francia. A morte dunha parente dos Ravoux permítelle ó narrador pasar un feliz domingo con Adeline. É un dos momentos máis agradables da súa relación amorosa.

Capítulo 22

Un día os nosos protagonistas visitan o xardín de Dauvigny, un pintor que pareceu atopar naquela terra o seu lugar no mundo.
-Que significa para Vincent atopar o seu lugar no mundo? Cre o narrador que xa o atopou? Por que?
Atopar un lugar onde unha persoa pode vivir satisfeita consigo mesma; en especial, porque alí vive a persoa que a pode facer feliz. O narrador non está seguro de que Auvers sexa para el tal lugar, porque non confía en que a súa relación con Adeline sexa a definitiva e porque odia a Rigaumont e Jules, os cales non o tratan ben.

Capítulo 23

O narrador vai a Chaponval para recoller un envío de Theo para Vincent. Aproveita para levarlle un telegrama ó doutor Gachet, coa esperanza de ver a Marguerite, a filla deste, á cal o seu amigo parece admirar. Atópaa tocando piano e parécelle fermosa.
-A que autor interpreta?
A Chopin.

Logo acompaña ó pintor, quen representa nun cadro a un fato de mulleres segando. Di que parecían formar parte da terra, como as montañas e as árbores, dende moitos séculos atrás.
-Que pensas que desexa dicir?
Para Vincent, os campesiños teñen unha relación secular, case mística, coa terra, identifícanse con ela ata tal punto que parecen formar parte dela.

Capítulo 24

Os dous amigos dialogan mentres Vincent tenta pintar un cadro no cal aparezan moitos corvos fuxindo dun campo.
-Que ten o narrador na súa man para conseguir esa imaxe?
Un revólver.

O narrador atópase triste por varios motivos: nos últimos días case non ve a Adeline, está resentido con Rigaumont e Vincent cada vez bebe máis e ten peor humor. Cando por fin consegue o efecto desexado para que Vincent o plasme no cadro, ten un mal agoiro.
-Cita a frase que parece manifestar este mal presentimento.
O narrador ten a impresión de que “unha gran sombra” pende sobre eles cando os seus disparos fan fuxir ós corvos.

Capítulo 25

Un domingo, o narrador diríxese á fonda de Ravoux para visitar a Vincent. Atopa a este moi alterado.
-Por que motivo?
Porque o doutor Gachet se puxera coma un tolo cando Vincent ese domingo lle pedira a man de Marguerite, a súa filla. Esta marchara da estancia en que se atopaban chorando e o pintor acabara emborrachándose.

O narrador semella sorprendido pola conduta do seu amigo, a quen esta vez non lle dá a razón. Coida que algún día el mesmo terá que pasar por unha situación parecida ante Gustave Ravoux, pero cre que el terá da súa parte a Adeline.

Capítulo 26

É o 24 de xullo, día da festa nacional francesa. Vincent odia o alboroto e talvez desexa evitar o seu encontro con Gachet, polo que se encerra no seu cuarto. O narrador charla co doutor Gachet, quen lembra anécdotas da guerra franco-prusiana. De súpeto, o doutor é atacado violentamente por Pierre, o gardaagullas.
-Por que motivo?
Porque Pierre recoñece a Gachet como o doutor que lle cortara a perna. O doutor cría que fixera o mellor para evitar que morrese, pero o gardaagullas considera que foi un “carniceiro”, que optou polo máis fácil, en vez de intentar salvarlle a extremidade.

O suceso conduce ó narrador ó pensamento de que ás veces ceo e inferno son as dúas caras da mesma moeda: algo pode ser bo para unha persoa e malo para outra.

Capítulo 27

Despois dun día de festa, preséntase un día de loito. As campás tocan a morto polas simpáticas irmás Cavaignac, que lle pediran a Vincent ser retratadas con roupas alegres. Este quere cumprir o prometido e solicita ó padre Teissier e ó sobriño herdeiro das defuntas que as enterren co seu cadro e vestidas con roupas de cor. Estes consideran que a petición do artista é unha insolencia. Vincent, amolado, regresa á fonda e evita ó doutor Gachet. Este, que xenerosamente desexa atender a Pierre, continúa narrando as súas vivencias da guerra.
-Que anécdota, entre curiosa e macabra, lembra?
No sitio de París, a xente tivo que comer de todo, incluso animais que normalmente son detestados. Algúns personaxes poderosos, ante a ausencia de certos alimentos, conseguiron comer a carne dalgúns animais do zoolóxico. Unha noite de Nadal, o doutor Gachet ceou, nunha casa rica a onde foras convidado, elefante, antílope, canguro...

Capítulo 28

Neste episodio trátase sobre o enterro das irmás Cavaignac. O padre Teissier e, sobre todo, o sobriño, compórtanse de maneira ruín coas defuntas, o cal esperta a indignación dos veciños e de Vincent, que está deprimido, ademais, por unha noticia.
-Cal é a nova que o deprime?
A nova de que o seu irmán Théo e a súa familia non pasarán as vacacións en Auvers, ó seu lado, senón en Holanda, na casa da súa nai.

-Que aspectos revelan o carácter insensible e interesado do sobriño?
O sobriño fainas enterrar nunha soa cova, unha enriba da outra, non se molesta en velar os seus cadáveres de noite e, segundo se di, pon en venda inmediatamente a finca das súas tías. En canto remata o enterro, guinda co brazalete negro, que recolle un corvo co seu peteiro.

Capítulo 29

Vincent realiza un acto que escandaliza á poboación de Auvers. Cal?
Pinta a campa das irmás Cavaignac de anil e vermello.

As reaccións da tía Jojo, Adeline e o narrador son diferentes. Para a tía, Vincent é un profanador de tumbas; para a moza, un tolo; e para o narrador, un sabio. A discusión entre os dous mozos chega máis lonxe do previsto. Adeline dille que ó seu pai el non lle gusta como noivo dela porque ten o carácter atolascado da súa nai. O narrador comprende que algo foi cambiando entre eles: perderon a espontaneidade do principio e van manifestando cualidades opostas. Observa que Adeline ten un carácter práctico e pensa no futuro, relacionándoo sempre coa idea de seguir co negocio dos seus pais.
-Cal é o desexo do narrador? Ten as mesmas ambicións que Adeline?
O narrador desexa viaxar e coñecer cidades das que lle falara Vincent: París, Amsterdam, Londres... El ten un carácter soñador e non é atraído pola idea de vivir atado a un negocio, apegado a un lugar. Ademais, desexa reencontrarse coa súa nai.

Capítulo 30

Pasou unha semana desde o acontecido no capítulo anterior. O acto rebelde de Vincent segue creando polémica, ampliada posiblemente polo padre Teissier. Adeline, influída por este, chega a considerar que o pintor é un blasfemo que merece o inferno. O narrador sente que se está distanciando dela irremediablemente. Vincent, quizais para consolalo, fálalle do seu pasado e coméntalle que ás veces o amor á arte o afastou do amor humano e que ou ben amou cando con era correspondido ou ben rexeitou á persoa que o amaba. Aínda cre que Marguerite sentía algo por el e representaba, por tanto, a oportunidade dun amor correspondido.
-Cita algunha expresión que revele o pesimismo do artista.
Vincent di que na súa vida foi de fracaso en fracaso. Reflexionando sobre a arte e o amor, di: “O escritor Richepin insinuou algunha vez que o amor á arte lévache a perder o verdadeiro amor. A min sucedeume en moitas ocasións. A última, hai ben pouco”.

Pola súa parte, o narrador vai facéndose á idea de que o amor que Adeline sente por el non é moi profundo e pode ser incluso un obstáculo na vida que desexa levar.
-Con que a compara?
Compáraa cunha áncora que non deixa navegar o seu barco.

Capítulo 31

Un día no campo vendo as tarefas dos campesiños sérvelles de consolo ós dous deprimidos amigos. Unha familia botando palla nova ó tellado failles reflexionar sobre as ledicias do traballo comunal e harmónico.
O verán, non obstante, entristéceos. Vincent séntese como unha ave engaiolada, desexosa de migrar e cortexar, na chegada da primavera.
-Que considera necesario para sentirse libre?
O amor e a a amizade. Na súa opinión, non basta con cambiar de lugar soamente.

-En que se diferencian Vincent e o narrador neste sentido?
En que o narrador non está convencido de que o amor poida liberalo. No seu caso, o amor por Adeline non parece suficiente. Desexa fuxir e a covardía ou o amor por Adeline parecen impedir a súa liberdade.

Capítulo 32

Dous días despois, o narrador, preocupado polo artista, a quen non viu nas últimas xornadas, decide vencer a súa teima de non aparecer pola fonda. Alí ve a Adeline asediada por mozos parisinos que enchen a terraza. Atopa a Vincent, bébedo e sucio, enfadado co seu irmán Théo.
-Por que?
Porque cre que o seu irmán o abandonou. Contaba con el para que convencese a Gachet de que o matrimonio con Marguérite era unha boa idea e coida que os cartos que Théo lle enviou son unha maneira de compensalo polo seu abandono.

Ó saír, atópase con Adeline perseguida por un mozo. Ela desexa encontrarse con el na parte traseira da fonda.
-Cal é a súa reacción?
Marchar da pousada, porque non sabe que dicirlle e tampouco quere mentir. Ademais, parece amolalo ver á súa noiva perseguida por uns mozos parisinos ós que parece agradar.

Capítulo 33

Ó día seguinte, o narrador diríxese de novo á fonda, onde atopa a Adeline indiferente e a Vincent ofensivo e incluso violento. Deixa que este saia a pintar só. Cando o narrador volve a preguntar por el esa noite, Adeline cóntalle o sucedido.
-Que sucedeu? Cal é a opinión do doutor Gachet?
Vincent regresara á pousada a noite anterior cunha ferida no peito provocada por un disparo que el mesmo se dera. O doutor Gachet coida que non hai nada que facer porque ten a bala moi preto do corazón.

-Como interpreta os feitos o narrador? Como interpretas a actitude de Rigaumont, o xendarme, co narrador?
O narrador cre que Vincent quixo buscar a liberdade (abandonar a gaiola na que se sentía prisioneiro), pero non polo camiño do amor ou a amizade, senón polo “atallo solitario” do suicidio. Rigaumont compórtase de maneira brusca co narrador. Case dá a impresión de comportarse como o faría un pai severo.

Capítulo 34

Vincent, ferido, está aparentemente tranquilo no seu leito. Desexa morrer e non di onde se pode atopar o seu irmán Theo, a quen desexan avisar do sucedido. O narrador, que coñece a súa dirección porque ten no seu poder unha carta que lle entregou Vincent, non quere dicila, pois cre que debe respectar o desexo do artista. Adeline, que sabe da carta, non está de acordo con el, así que lle colle a carta, le a dirección e vailla comunicar ó seu pai. Ademais, discute co narrador.
-Que lle di? Por que lle pega unha labazada?
Porque, cando Adeline lle conta que Jules está arrepentido dos malos momentos que lle fixo pasar ó protagonista, este dille que o mozo é un voitre e ela a súa presa. Está enfadada con el porque o protagonista non está de acordo con ela. Adeline acúsao de ser unha persoa que anda sen rumbo, que nunca se decide a dar un paso adiante e se limita a deixarse levar.

O narrador visita ó artista, que se atopa durmido. Ó meterlle a carta nun peto da chaqueta, atopa o revólver que Vincent usou e cólleo. Ó saír, atópase con Anton, que se dispón a partir cara a París, en busca de Théo. O narrador refúxiase na súa casa, rexeitando cruzarse con Adeline.
-Que descobre alí?
Que no revólver aínda queda unha bala.

Capítulo 35

Anton cóntalle o sucedido tras a chegada de Théo e a morte de Vincent ó narrador. Este pasa o día “xogando” co revólver.
-Que lle pasa pola cabeza?
Pensa en utilizar o revólver para vingarse de Jules ou Rigaumont. Posiblemente pase pola súa imaxinación a idea de imitar ó seu admirado pintor.

Anton dille que Vincent tomou a morte con resignación e sen pena; para el a morte era a “fin da tristeza”.
-Que cres que quería dicir?
Que, para Vincent, a vida sempre foi dolorosa. Tiña unha sensibilidade especial, que lle producía sufrimento.

O narrador reflexiona sobre as últimas palabras do seu amigo e coida que a súa propia tristeza non terá fin, que só a compaña do artista ou Adeline foron un alivio pasaxeiro. Hai unha imaxe plasmada nos cadros de Van Gogh que lle vén á mente ó contemplar a súa situación.
-Cal? Que cres que desexaba representar o pintor con esa imaxe?
A imaxe da noite estrelada. Esa imaxe suxeríalle a soidade do ser humano, pero tamén a fermosura e a grandeza do universo. O ser humano é algo minúsculo, perdido no medio dunha inmensidade grandiosa.

Capítulo 36

O día do enterro, o narrador observa o aprecio que sentían as xentes do lugar polo pintor, que chegara tan só sesenta e nove días antes; descobre rostros coñecidos que lle fan lembrar os seus paseos por Auvers, Chaponval e Pontoise.
-Como era chamado polos nenos do lugar? Lembras o motivo?
Para os nenos era Monsieur Chocolat, porque o perseguían para que el lles regalase o chocolate que o doutor Gachet recibía de Suíza e lle daba a el como unha especie de medicamento.

O narrador queda impresionado pola dor sincera que manifesta Théo e polas palabras do doutor Gachet. Este di que Vincent amou dúas cousas sobre todo. Cales?
A Humanidade e a Arte.

O narrador pousa un ramo de malvas na tumba do artista e vaga polos arredores pensando en suicidarse, pero afortunadamente non o fai.
-Como acaba a novela?
Tras depositar un ramo de malvas na campa do seu amigo, vagando só, pensa en suicidarse, pero acaba disparando ó aire. Ansioso de abandonar Auvers, decide coller o tren que o conduce a París, desoíndo unha voz que o chama, a voz de Adeline.

SE QUERES MÁIS INFORMACIÓN...

Comezo

-Polo nome, os debuxos e a data podemos chegar á conclusión de que Vincent é Vincent Van Gogh. Se consultamos unha biografía deste pintor holandés, descubriremos que morreu, precisamente, en 1890.

-A pensión Ravoux foi a pensión onde viviu Van Gogh na vila de Auvers. Alí morreu.

-Vincent manifesta a súa visión da arte en distintas ocasións. Na páxina 21 atopamos o seguinte: “A beleza reside na verdade, na vida tal e como se nos presenta. Eu só tento reflectila con humildade. Alguén dixo que a arte é o home engadido á natureza, e aquí mesmo, arrodeado por ela, estou eu”. Isto pode facernos pensar que non gustaba de idealizar o que vía, que adoptaba unha actitude humilde ante a vida e gustaba de identificarse coa natureza –tres trazos da pintura de Van Gogh.

-O doutor Gachet foi o motivo polo cal Van Gogh se estableceu en Auvers. Este agardaba que aliviase os seus problemas físicos e mentais, porque xa pasara varias tempadas en manicomios.

-Naquel tempo estaba aínda de moda a novela naturalista. O seu principal representante en Francia foi Émile Zola, quen, ademais, era admirador e amigo de varios pintores impresionistas; en especial, de Manet.

-Cando Vincent reclama cadros pintados no Sur, refírese ós realizados nas súas estancias en Arles e Saint-Rémy, onde pasara os anos anteriores.

-Por desgraza para Vincent, este prefire o asenta, e non o chocolate con leite. Un dos grandes problemas de Van Gogh era o alcoholismo.

-O autorretrato do pintor coa orella tapada por unha venda amosa o afán de Van Gogh de amosar o seu interior por medio da imaxe, sen idealizacións. Non se sabe con moita certeza como perdeu a orella. Gauguin contou que o propio Van Gogh, nun momento de furia e arrepentimento, tras un enfrontamento con el, cortou o lóbulo da orella dereita cunha navalla de afeitar.

-Guy de Maupassant foi un dos colaboradores nas Soirées de Médan, onde o seu relato ‘Bola de sebo’ causou fonda impresión.

-A relación de Van Gogh con varios pintores famosos hoxe en día é coñecida de todos. Na novela, alúdese, entre outros, a Cézanne e Pissarro.

-A importancia de Theo na vida de Vincent Van Gogh é incalculable. Foi o seu apoio constante, tanto no aspecto económico como no moral. Aínda que era varios anos menor, portouse como un irmán protector e devoto. No ano 1890, a súa muller acababa de dar a luz un meniño, apadriñado por Vincent, que levou o seu mesmo nome. Na actualidade, Theo e Vincent están enterrados un ó cabo do outro no camposanto de Auvers.

-Como xa se dixo, o alcoholismo foi un de tantos males que aqueixaron ó pintor. O asenta era entón unha bebida que estaba de moda. O viño foille limitado nas comidas despois dos cada vez máis frecuentes episodios de loucura.

-A expresión dos ollos está ben clara nos seus múltiples autorretratos e retratos. O seu interese polas xentes humildes resulta evidente na plasmación das súas vivendas e dos seus traballos, seguindo ás veces o exemplo doutros pintores como Millet; pero tamén se manifesta na súa vida.