"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

lunes, 13 de mayo de 2019

Libros para o terceiro trimestre

NOVOS LIBROS PARA UN NOVO TRIMESTRE

Velaquí , con algunha demora, os libros que se están a ler neste último trimestre.

O alumnado de Primeiro, gratamente impresionados por Anxo Fariña na xornada dedicada aos clubs de lectura no Salón do Libro, comentarán a súa última obra, Os ecos do lume.


En Segundo, continuarán cos ensaios da adaptación de Romeo e Xulieta ou seguirán coa saga das Crónicas de Landereina, de Sabela González: Feitizo de sangue.




Os alumnos e alumnas de Terceiro de PMAR optarán entre Big Bang, de Xoán Bernárdez Vilar, ou Campos de fresas, de Jordi Sierra i Fabra.



Por último, o alumnado de Cuarto poderán ler El abrazo, de Lygia Bojunga.


Felices e proveitosas lecturas, aínda que os temas tratados sexan moi serios!







sábado, 26 de enero de 2019

SELECCIÓN DE LIBROS PARA O SEGUNDO TRIMESTRE

Emprendemos un novo ano e propoñémosvos un feixe de obras que agardamos sexan do voso agrado.

Para o grupo de Primeiro da ESO, a novela de María Solar Os nenos da varíola, inspirada nun feito histórico que seguramente lles chamará a atención.



Para o grupo de Segundo, que desexa seguir os pasos do grupo de Terceiro e tamén desexa representar unha adaptación teatral, un clásico de Shakespeare: nada máis e nada menos que Romeo e Xulieta.



O alumnado de Terceiro terá tres opcións que non serán incompatibles. Uns seguirán cos ensaios de A noite vai coma un río;  outros achegaranse á figura dun gran matemático, Fibonacci; e outros, por último, achegaranse á terrible experiencia da agresión sexual por medio da noveliña O abrazo.








Ó numeroso grupo de Cuarto ofrecémoslles un dos clásicos do noso Club: O sabre do francés, o conxunto de relatos históricos de Miguel Anxo Fernández.



Ánimo e a ler!