"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

viernes, 20 de mayo de 2011

CHARLA SOBRE "LOIS PEREIRO"

 








O 12 de maio a poetisa e antiga profesora do instituto, Lucía Novas presentou unha ponencia sobre Lois Pereiro.
O alumnado de 4º ESO recitou poesías do seu libro "Neve" e a autora dedicouno.

CHARLA SOBRE "ROSALÍA DE CASTRO"

 








Diana Rúa Eiras disertou sobre "A visión rosaliana da emigración" o 6 de maio de 2011 no Salón de Usos Múltiples do instituto para o alumnado de 1º de bacharelato.
Un alumno presentou á poñente.

ACTIVIDADES "DÍA DO LIBRO" E "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

No instituto estánse realizando unha serie de actividades para conmemorar tanto o 25 de abril, "Día do Libro" como o 17 de maio, "Día das Letras Galegas".
Estas son algunhas delas:
-          Representación da obra “La ínsula prometida” de Alejandro Casona, na biblioteca, para 3º ESO A e C e 4º ESO A e C, o venres 15 de abril de 12 a 14:30 horas, coa profesora de Lingua Castelá, Belén Herrero
-          Representación da obra “A familia unida” polo grupo de teatro Ailaleria, o 15 de abril no Salón de Usos Múltiples ao alumnado de 1º ESO  B e C, 3º ESO D, e 4º ESO D ás 12:50 e ao alumnado de 2º ESO A, 3º ESO B e 3º ESO D ás 13:40
-          Charla sobre "Rosalía de Castro" por Diana Rúa Eiras o venres 6 de maio de 10:40 a 11:30 horas, no Salón de Usos Múltiples do instituto dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato
-         "Correlingua" 2011 co alumnado de 2º ESO o martes 10 de maio
-          Estreno da obra “La ratonera” o 10 de maio polo alumnado de 4º ESO A, de 12:00 a 14:30 horas no Salón de Usos Múltiples, dirixido ao alumnado de 3º e 4º ESO
-          Charla  sobre "Lois Pereiro" pola poetisa Lucía Novas o xoves 12 de maio de 10:40 a 11:30 h, no Salón de Usos Múltiples do instituto dirixido ao alumnado de 4º ESO
 

miércoles, 6 de abril de 2011

LA ECUACIÓN MAUPASSANT

O profesor de Matemáticas José Manuel Ramos González, tamén Secretario do noso instituto, ven de publicar a obra "La ecuación Maupassant".
Na web de Bohodon ediciones aparece o seguinte comentario:

"No es necesario conocer la obra de Maupassant para leer este libro. Bien al contrario, su lectura quizá despierte en el lector o lectora ese prurito de curiosidad que nos hace abrir el libro de ese escritor del que alguien nos ha hablado con pasión, como la que pone José M. Ramos en el presente trabajo."

Se queredes máis información podedes entrar neste enlace:
La ecuación Maupassant

jueves, 3 de marzo de 2011

CONCURSO "ANTROIDO E LIBROS"

Con motivo do Antroido, este club de lectura A Esmorga organiza un concurso de disfraces moi especial.
Se desexas participar preséntate o venres 5 de marzo na Biblioteca na hora do recreo

Disfrázate dun personaxe literario e participa!!!

CONCURSO "CARTAS DE AMOR"


A alumna de 4º ESO C Ainoha Ragg Lucero, foi a gañadora do concurso "Cartas de amor", celebrado en el instituto o día dos namorados, o 14 de febreiro.

O concurso tivo unha boa acollida e a participación foi moi grande.

Ainoha obtivo máis de 60 votos.

PARABÉNS!!!

lunes, 28 de febrero de 2011

jueves, 17 de febrero de 2011

sábado, 12 de febrero de 2011

CONTO DE FEBREIRO




Este mes tedes tres contiños de amor para San Valentín
de Catulle Mendès
                                      
                           LA ANÓNIMA  
                           EL AMOR POBRE
                           EL BESO ENJAULADO



CATULLE MENDÈS: Escritor francés que naceu en Burdeos en 1841. Chegou a París en
1859 donde se convertiu nun protexido do escritor Théophile Gautier, que acabará sendo seu
sogro. Escribiu, novelas, libretos de ópera e unha morea de contos. Morreu atropelado por un
tren en 1909.

Se queredes saber máis sobre Catulle Mendès e ler moitos máis contos en castelá, podedes
atopalos en http://www.iesxunqueira1.com/mendes.

Tamén podedes consultar na Biblioteca ou pedir consexo ao profesor José Ramos na
Secretaría, que tamén fixo a tradución dos contos do francés ao castelá.

martes, 8 de febrero de 2011

club de lectura 4º


O grupo de lectura de 4º de ESO estamos a ler "A praia dos afogados" de Domingo Villar.

A continuación presentamos os nosos comentarios acerca deste libro:

martes, 25 de enero de 2011

CONTO DE XANEIRO

Este mes o conto seleccionado é:


"Un amante tacaño"

O autor firmaba como O. Henry, pero en realidade era o seudónimo do escritor, periodista, farmacéutico y cuentista estadounidense William Sydney Porter

domingo, 23 de enero de 2011

Lecturas 2º trimestre

1º ESO:
                Día:  Venres
                Profesor:   Laureano Aragunde
                Lectura:  Cartas de Inverno
                Autor:  Agustín Fernández Paz

2º ESO:
                Día:  Luns
                Profesora: Encarnación Fernández
                Lectura:  Noite de voraces sombras
                Autor:  Agustín Fernández Paz

3º ESO:
                Día:  Martes
                Profesora:  Belén Herrero
                Lectura: El gato negro y otros cuentos de horror
                Autor: Edgar Allan Poe

4º ESO:

                Día:  Martes
                Profesora:  Mónica Pérez
                Lectura:  A praia dos afogados
                Autor:  Domingo Villar

viernes, 21 de enero de 2011

CONTO DE NADAL




Para lembrar o Nadal,  
aínda podedes ler outro conto de Guy de Maupassant
"La nochebuena".


O atoparedes na páxina do instituto

http://www.iesxunqueira1.com/cuentos/lanochebuena.pdf


Se queredes coñecer mellor a Maupassant entrade na páxina 


http://www.iesxunqueira1.com/maupassant