Capítulos
finais
Capítulo
19
O
narrador sae con Vincent ata Bessancourt, en busca dunha paisaxe
diferente e atopan a un avergoñado Anton. Vincent pregúntalle ó
narrador que ve nun cadro –unha parella no medio dunha fraga- e
explícalle o que desexa pintar: “Pois aí as tes ante os nosos
ollos. As forzas que moven o mundo, as mesmas coas que todos loitamos
no noso interior. A orde divina fronte ao caos da natureza”.
Que nome
lles pon ó home e á muller alí representados?
Capítulo
20
O
narrador vai asimilando ideas pesimistas do seu admirado Vincent –o
que se busca, foxe; o que se pretende evitar, vén ó noso encontro-.
De feito, sucédelle algo moi desagradable: Jules e a súa panda
danlle unha tunda. Rigaumont, o xendarme, acode na súa axuda, pero
sen darse présa –non evita que lle peguen-, e logo pregúntalle
pola súa nai.
Por que
motivo lle pega Jules?
Que
relación existe entre Rigaumont e a nai do narrador?
Capítulo
21
Vincent
viaxa en tren ata París, temendo volver a experimentar algo que o
angustia, relacionado coa súa estancia no sur de Francia. A morte
dunha parente dos Ravoux permítelle ó narrador pasar un feliz
domingo con Adeline. É un dos momentos máis agradables da súa
relación amorosa.
Capítulo
22
Un
día os nosos protagonistas visitan o xardín de Dauvigny, un pintor
que pareceu atopar naquela terra o seu lugar no mundo.
Que
significa para Vincent atopar o seu lugar no mundo? Cre o narrador
que xa o atopou? Por que?
Capítulo
23
O
narrador vai a Chaponval para recoller un envío de Theo para
Vincent. Aproveita para levarlle un telegrama ó doutor Gachet, coa
esperanza de ver a Marguerite, a filla deste, á cal o seu amigo
parece admirar. Atópaa tocando piano e parécelle fermosa.
A que
autor interpreta?
Logo acompaña ó pintor, quen representa nun cadro a un fato de
mulleres segando. Di que parecían formar parte da terra, como as
montañas e as árbores, dende moitos séculos atrás.
Que pensas que desexa dicir?
Capítulo
24
Os dous
amigos dialogan mentres Vincent tenta pintar un cadro no cal aparezan
moitos corvos fuxindo dun campo.
Que ten o
narrador na súa man para conseguir esa imaxe?
O
narrador atópase triste por varios motivos: nos últimos días case
non ve a Adeline, está resentido con Rigaumont e Vincent cada vez
bebe máis e ten peor humor. Cando por fin consegue o efecto desexado
para que Vincent o plasme no cadro, ten un mal agoiro.
Cita
a frase que parece manifestar este mal presentimento.
Capítulo
25
Un domingo,
o narrador diríxese á fonda de Ravoux para visitar a Vincent. Atopa
a este moi alterado.
Por que
motivo?
O narrador
semella sorprendido pola conduta do seu amigo, a quen esta vez non
lle dá a razón. Coida que algún día el mesmo terá que pasar por
unha situación parecida ante Gustave Ravoux, pero cre que el terá
da súa parte a Adeline.
Capítulo
26
É o
24 de xullo, día da festa nacional francesa. Vincent odia o alboroto
e talvez desexa evitar o seu encontro con Gachet, polo que se encerra
no seu cuarto. O narrador charla co doutor Gachet, quen lembra
anécdotas da guerra franco-prusiana. De súpeto, o doutor é atacado
violentamente por Pierre, o gardaagullas.
Por que
motivo?
O
suceso conduce ó narrador ó pensamento de que ás veces ceo e
inferno son as dúas caras da mesma moeda: algo pode ser bo para unha
persoa e malo para outra.
Capítulo
27
Despois
dun día de festa, preséntase un día de loito. As campás tocan a
morto polas simpáticas irmás Cavaignac, que lle pediran a Vincent
ser retratadas con roupas alegres. Este quere cumprir o prometido e
solicita ó padre Teissier e ó sobriño herdeiro das defuntas que as
enterren co seu cadro e vestidas con roupas de cor. Estes consideran
que a petición do artista é unha insolencia. Vincent, amolado,
regresa á fonda e evita ó doutor Gachet. Este, que xenerosamente
desexa atender a Pierre, continúa narrando as súas vivencias da
guerra.
Que
anécdota, entre curiosa e macabra, lembra?
Capítulo
28
Neste
episodio trátase sobre o enterro das irmás Cavaignac. O padre
Teissier e, sobre todo, o sobriño, compórtanse de maneira ruín
coas defuntas, o cal esperta a indignación dos veciños e de
Vincent, que está deprimido, ademais, por unha noticia.
Cal é a
nova que o deprime?
Que
aspectos revelan o carácter insensible e interesado do sobriño?
Capítulo
29
Vincent
realiza un acto que escandaliza á poboación de Auvers. Cal?
As
reaccións da tía Jojo, Adeline e o narrador son diferentes. Para a
tía, Vincent é un profanador de tumbas; para a moza, un tolo; e
para o narrador, un sabio. A discusión entre os dous mozos chega
máis lonxe do previsto. Adeline dille que ó seu pai el non lle
gusta como noivo dela porque ten o carácter atolascado da súa nai.
O narrador comprende que algo foi cambiando entre eles: perderon a
espontaneidade do principio e van manifestando cualidades opostas.
Observa que Adeline ten un carácter práctico e pensa no futuro,
relacionándoo sempre coa idea de seguir co negocio dos seus pais.
Cal é o
desxo do narrador? Ten as mesmas ambicións que Adeline?
Capítulo
30
Pasou
unha semana desde o acontecido no capítulo anterior. O acto rebelde
de Vincent segue creando polémica, ampliada posiblemente polo padre
Teissier. Adeline, influída por este, chega a considerar que o
pintor é un blasfemo que merece o inferno. O narrador sente que se
está distanciando dela irremediablemente. Vincent, quizais para
consolalo, fálalle do seu pasado e coméntalle que ás veces o amor
á arte o afastou do amor humano e que ou ben amou cando con era
correspondido ou ben rexeitou á persoa que o amaba. Aínda cre que
Marguerite sentía algo por el e representaba, por tanto, a
oportunidade dun amor correspondido.
Cita
algunha expresión que revele o pesimismo do artista.
Pola súa
parte, o narrador vai facéndose á idea de que o amor que Adeline
sente por el non é moi profundo e pode ser incluso un obstáculo na
vida que desexa levar.
Con que a
compara?
Capítulo
31
Un
día no campo vendo as tarefas dos campesiños sérvelles de consolo
ós dous deprimidos amigos. Unha familia botando palla nova ó
tellado failles reflexionar sobre as ledicias do traballo comunal e
harmónico.
O verán,
non obstante, entristéceos. Vincent séntese como unha ave
engaiolada, desexosa de migrar e cortexar, na chegada da primavera.
Que
considera necesario para sentirse libre?
En que se
diferencian Vincent e o narrador neste sentido?
Capítulo
32
Dous días
despois, o narrador, preocupado polo artista, a quen non viu nas
últimas xornadas, decide vencer a súa teima de non aparecer pola
fonda. Alí ve a Adeline asediada por mozos parisinos que enchen a
terraza. Atopa a Vincent, bébedo e sucio, enfadado co seu irmán
Theo.
Por que?
Ó saír,
atópase con Adeline perseguida por un mozo. Ela desexa encontrarse
con el na parte traseira da fonda.
Cal é a
súa reacción?
Capítulo
33
Ó día
seguinte, o narrador diríxese de novo á fonda, onde atopa a Adeline
indiferente e a Vincent ofensivo e incluso violento. Deixa que este
saia a pintar só. Cando o narrador volve a preguntar por el esa
noite, Adeline cóntalle o sucedido.
Que
sucedeu? Cal é a opinión do doutor Gachet?
Como
interpreta os feitos o narrador? Como interpretas a actitude de
Rigaumont, o xendarme, co narrador?
Capítulo
34
Vincent,
ferido, está aparentemente tranquilo no seu leito. Desexa morrer e
non di onde se pode atopar o seu irmán Theo, a quen desexan avisar
do sucedido. O narrador, que coñece a súa dirección porque ten no
seu poder unha carta que lle entregou Vincent, non quere dicila, pois
cre que debe respectar o desexo do artista. Adeline, que sabe da
carta, non está de acordo con el, así que lle colle a carta, le a
dirección e vailla comunicar ó seu pai. Ademais, discute co
narrador.
Que lle
di? Por que lle pega unha labazada?
O narrador
visita ó artista, que se atopa durmido. Ó meterlle a carta nun peto
da chaqueta, atopa o revólver que Vincent usou e cólleo. Ó saír,
atópase con Anton, que se dispón a partir cara a París, en busca
de Theo. O narrador refúxiase na súa casa, rexeitando cruzarse con
Adeline.
Que
descobre alí?
Capítulo
35
Anton cóntalle o sucedido tras a chegada de Theo e a morte de
Vincent ó narrador. Este pasa o día “xogando” co revólver.
Que lle pasa pola cabeza?
Anton dille que Vincent tomou a morte con resignación e sen pena;
para el a morte era a “fin da tristeza”.
Que cres que quería dicir?
O
narrador reflexiona sobre as últimas palabras do seu amigo e coida
que a súa propia tristeza non terá fin, que só a compaña do
artista ou Adeline foron un alivio pasaxeiro. Hai unha imaxe plasmada
nos cadros de Van Gogh que lle vén á mente ó contemplar a súa
situación.
Cal? Que cres que desexaba representar o pintor con esa imaxe?
Capítulo
36
O día do
enterro, o narrador observa o aprecio que sentían as xentes do lugar
polo pintor, que chegara tan só sesenta e nove días antes; descobre
rostros coñecidos que lle fan lembrar os seus paseos por Auvers,
Chaponval e Pontoise.
Como era
chamado polos nenos do lugar? Lembras o motivo?
O
narrador queda impresionado pola dor sincera que manifesta Theo e
polas palabras do doutor Gachet. Este di que Vincent amou dúas
cousas sobre todo.
Cales?
O narrador
pousa un ramo de malvas na tumba do artista e vaga polos arredores
pensando en suicidarse, pero afortunadamente non o fai.
Como acaba
a novela?
No hay comentarios:
Publicar un comentario