"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

martes, 24 de octubre de 2017

NOVO CURSO, NOVOS LIBROS

Un curso máis, o Club de Lectura "A Esmorga" está en marcha. Estes son os libros propostos para o primeiro trimestre. 

O alumnado de 1º da ESO está a ler un clásico do misterio, Aire negro, de Agustín Fernández Paz.




Os de 2º divídense en tres grupos: uns len Aire negro, mentres outros disfrutan de Mentira, de Care Santos, ou O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro.



Un grupo de 3º e o alumnado de 4º dedican o seu tempo a O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, mentres o outro grupo se centra en La lección de August, de R. J. Palacio.



Por último, os rapaces e rapazas de 1º de Bacharelato volven a fixar a súa atención en Matar a un ruiseñor, de Harper Lee.



Que a lectura nos sexa agradable e nos faga reflexionar!