Comezo
Fíxate
en que a novela comeza cunha cita dun tal Vincent (“Non esquezamos
que as pequenas emocións son os grandes capitáns das nosas vidas”)
e cun debuxo que nos presenta a un pintor andando por un camiño
rural. Despois aparece outra imaxe que presenta o inicio dun camiño
e ó seu pé unha data imprecisa: “Verán de 1890”.
Primeiros capítulos
Capítulo 1
Observamos que aparece un narrador en primeira persoa que non di o
seu nome, pero si que leva vivindo cunha tía da súa nai oito meses
e que se separou desta, en París, cando tiña dezaseis anos.
Como é a relación coa tía Jojo?
Dá a entender cales poden ser as causas desta relación?
Un día ve como baixa do tren no apeadeiro de Chaponval “un
forasteiro” que “levaba o sombreiro enfeitado con malvas”. O
narrador, obedecendo a un impulso estraño, ségueo e observa como
contempla Auvers, a localidade onde vive, e se dirixe a unha pousada.
Entón
menciona a Gustave Ravoux, Adeline e Jules.
Quen
son estes personaxes?
Capítulo 2
Ó
día seguinte, o narrador axexa a saída do forasteiro da pensión.
Ve que pasa pola vivenda do doutor Gachet e logo vai pintar –cousa
que fai con moita paixón-. O pintor descóbreo e preséntase. É
Vincent. Conversan e este proponlle que lle faga de guía. Ó saír da fonda, o narrador é obxecto da burla de Adeline.
Como é descrita esta?
Capítulo 3
O
narrador trata sobre as súas tensas relacións coa tía Jojo, quen
non tarda en manifestarlle o seu desgusto por velo acompañando ó
pintor, que acode con frecuencia á casa do Doutor Gachet.
Por que vai Vincent á casa deste?
Que
aspectos che parecen estraños da maneira de ser do doutor?
Algunhas veces, o narrador queda no seu cuarto lendo ás agachadas
unha obra de Zola. Que sabes deste escritor?
Capítulo 4
O narrador segue acompañando a Vincent. Este desexa recuperar cadros
que pintara no Sur. Grazas a el, coñece o sabor do chocolate con
leite, que lle envía un empresario suízo, chamado Nestlé –creo
que nos soa-, ó seu amigo, o doutor Gachet. O chocolate con leite
serve para que o narrador entre nunha nova etapa na súa relación
con Adeline.
Que sucede?
Capítulo 5
O
narrador, avanzando na súa amizade con Vincent, visita o cuarto
deste, en compaña do doutor Gachet, que é artista afeccionado e
admira o talento do pintor. Entre as súas obras chámalles a
atención unha.
Cal cres que é? Por que se caracteriza?
Ó mesmo tempo, vemos como Adeline Ravoux se vai amosando dunha
maneira distinta.
En
que consiste o cambio, a xuízo do narrador?
Capítulo 6
O
pintor fálalle do seu pasado no Sur.
A que problemas alude?
Un día atópanse coas irmás Cavaignac, polas que ambos senten
simpatía de inmediato.
Como lles gustaría que as pintase? Por que?
A relación do narrador con Adeline avanza un pouco máis.
En que sentido?
Cítase un novo escritor decimonónico.
-De quen se trata?
Capítulo 7
Este é un capítulo no cal se reflexiona sobre o paso do tempo.
Vincent nótao curiosamente ó escoitar o son emitido por uns
insectos, que lle afecta tanto que é incapaz de concentrarse na
pintura dunhas barcas nas ribeiras do río Oise.
Que insectos?
En que lle fan pensar?
Capítulo 8
A tía Jojo é moi beata, así que leva ó narrador a unha entrevista
co padre Teissier, que se amosa desagradable.
Por que?
A
reacción do mozo é violenta, case está a piques de agredir ó
sacerdote, guíndalle cos cartos que este tanto valora, e foxe. Bota
moito de menos á súa nai. Máis tarde, atópase con Vincent na
pousada. Este retrata paisanos e fálalle dun cadro moi famoso.
Cal?
Capítulo 9
Agora aparece un novo personaxe, o xendarme Rigaumont, arredor do cal
parece haber certo misterio relacionado coa nai do narrador.
Que lle conta Rigaumont sobre ela?
Pola súa parte, Vincent está entretido limpando a súa habitación
porque o seu irmán Theo, acompañado da súa familia, o vai visitar.
O narrador discute coa tía Jojo e procura evitar a Rigaumont. Un
suceso acontecido preto de Auvers faille pensar que o deixará en paz
por uns días.
Que sucede no tren que se dirixía a Auvers?
Capítulo 10
O
narrador e Adeline acompañan ó pintor unha noite, mentres este
pinta. A escena amosa que os mozos van camiño de converterse en
noivos. Gustave Ravoux deixa que a súa filla os acompañe a cambio
de algo.
De que?
O pintor explica por que lle gusta tanto pintar de noite.
Cal é o motivo?
Capítulo 11
Vincent
pinta a igrexa de Auvers. O padre Teissier amósase descontento, pero
non intenta impedirllo. Curiosamente, pinta a parte traseira da
igrexa e non a fachada principal.
Como o xustifica?
O
pintor fala da súa familia e do seu pasado. Era fillo dun pastor
protestante e el mesmo intentara ser pastor no medio de xente humilde
e traballadora. Sen dúbida, era un home relixioso; para o narrador,
que o ten idealizado, amosaba a fe dun santo (“un santo pecadento e
bebedor”, matiza) e a sabedoría dun home que é capaz de ver
cousas que un home normal é incapaz de ver. Esta lucidez prodúcelle
dor.
Como intenta evadirse desa dor?
Capítulo 12
Vincent fálalle ó narrador da súa técnica como pintor (presume de
ter a paciencia dun boi, pero nesta época fai máis dun cadro por
día). Está nervioso e impaciente pola inminente chegada do seu
irmán Theo e a súa familia. O narrador busca o niño abandonado dun
paxaro para darllo como agasallo ó sobriño do pintor. Este meniño
ten o mesmo nome que o pintor.
Que outra persoa levou o mesmo nome? Como o descubriu o pintor?
Capítulo 13
O
narrador observa a distancia o encontro do pintor cos seus
familiares. Séntese só nese domingo. Parécelle que a súa vida,
sen a compaña de Vincent ou Adeline, carece de sentido. Detense a
falar con Pierre, o gardaagullas, quen lle conta o sucedido no tren
días antes.
Lembras que sucedera?
En quen pensa con tristeza o narrador ó escoitar o acontecido?
Capítulo 14
Neste
capítulo, o pintor, logo de encontrarse cun grupo de campesiños,
tras comentar a importancia da expresión dos ollos nun retrato,
manifesta con paixón a súa maneira de pensar: “Paréceme moito
máis intensa a alma dun home que todos os ouropeis e damascos do
mundo, aínda que sexa un pobre esmoleiro, un esforzado mineiro ou a
máis tirada das galdrapas. Esa é a miña xente e entre eles quero
estar, vivir e algún día morrer” (páxina 73).
Atopas algunha ilustración na que se manifeste a importancia dos
ollos ou a vida das xentes humildes?
Capítulo 15
Vincent
conseguiu que a tía Jojo o aceptase lembrando as súas lecturas da
Biblia, aínda que agora xa se considera máis ben descrido ou
escéptico.
Cando se familiarizou tanto con este libro?
Que lle conta o narrador sobre o seu pasado en París? Canto tempo
hai que se separou da súa nai, a quen bota tanto de menos?
Capítulo 16
Chega á pensión outro pintor holandés, Anton Hirchig. Vincent
preséntalle de tal maneira ó narrador, que este se sente ofendido.
Por que?
Por outra parte, en contraste, Adeline pídelle perdón pola súa
conduta anterior.
Que fixera antes e que desexa agora?
Capítulo 17
Vincent
non lle pide desculpas ó narrador, pero intenta compensalo
facilitándolle o encontro con Adeline. Si o fai Anton Hirchig.
Falando con este, o narrador decátase de canto cambiou desde que
abandonou as malas compañas de París.
Por que?
Capítulo 18
Vincent
vai comer cos Gachet e lévalle como agasallo a Marguerite, a filla
do doutor, polo seu vixésimo primeiro aniversario, un retrato no que
aparece tocando o piano. O narrador achégase a Pontoise en compaña
de Anton Hircher. Este asómbrase da velocidade con que pinta
Vincent. Tras un encontro desagradable para Hircher, o narrador cre
que este escapa de algo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario