Respostas:
1A. Do xénero dramático
ou teatral.
1B. Normalmente, o
primeiro sería a presentación; o segundo, o terceiro e o cuarto
serían o nó; e o quinto, co epílogo, o desenlace.
2A. O 150
aniversario da publicación de Cantares
galegos.
2B. Algúns son claros e
outros, confusos. “O sangue” está relacionado co tipo de crimes
cometidos por Xacobe; “O Mar”, co final preparado para Sofía; “A
Luz”, co esclarecemento das motivacións dos crimes. “O Ruído”,
“O Vento” e “O Lume” teñen unha intrepetación menos clara.
2C. Aurelio Aguirre foi un
poeta moi coñecido en Santiago cando Rosalía era adolescente.
Escribiu sobre todo en castelán; participou no Banquete de Conxo,
xunto con Eduardo Pondal. Prototipo de poeta romántico, morreu
afogado na Coruña, e algúns autores opinan que Rosalía estivo
namorada del na súa mocidade. Inspirou o poema rosaliano “Cando
penso que te fuches”, máis coñecido polo título da súa versión
cantada: “Negra sombra”.
3A. É un xornalista que
está atravesando unha profunda crise tanto sentimental como laboral.
Foi despedido do seu anterior emprego e ten que gañar a vida
escribindo para unha revista pouco seria. Foi abandonado pola súa
anterior compañeira sentimental. Vive pendente da súa nai, que pade
Alzheimer.
3B. Aparece asasinado un
suposto psicanalista que colabora na prensa e a televisión
publicando artigos polémicos e incluso aldraxantes, Xosé Carneiro.
3C. É asasinado cun
cravo espetado no seu corazón, o cal o pon en relación con “Unha
vez tiven un cravo”, o poema pertencente a Follas
novas.
4A. Alba Mendoza e Diego
Castro.
4B. Penélope Santalla non
aparece porque posiblemente nese momento está sendo asasinada por
Xacobe.
5A. Adriano.
5B. Porque Sofía cre que
o autor ou autora do asasinato ten que ver coa Fundación ou a
Casa-Museo de Rosalía. Aquiles tamén cre que ten que haber algunha
relación con Rosalía, xa que aparecen fragmentos de poemas da
autora santiaguesa na escena dos crimes.
6A. Nos seus compañeiros
de traballo, Santiago Seoane –decano da facultade de Filoloxía,
que está interesado nela- e Dorian Castle –o seu compañeiro de
despacho e departamento na facultade, sobre quen non ten sospeitas-.
6B. Os ruídos que
proceden do piso superior do seu edificio, o cal debería estar
baleiro.
6C. Tino é o conserxe da
Casa-Museo de Rosalía.
6D. Aquiles coida que o
asasino ten que ser un descendente de Rosalía de Castro.
6E. Cre que era neta de
Gala, a filla de Rosalía, a única que viviu ata os anos sesenta,
porque nalgún momento a oíu que a chamaba “avoa”. Na película
aparece sempre a carón de Gala, como se fose a súa coidadora ou
secretaria.
7A. Trátase do asasinato
de Beltrán de Brión, o fillo adolescente de Calímaco.
7B. É unha carta enviada
por Manuel Murguía a Víctor Said Armesto en 1917.
7C. Murguía cóntalle que
Gala tivo unha filla como consecuencia da súa relación cun
sacerdote –ó igual que lle pasara á súa avoa-. Para evitar o
escándalo, levoulla a unha familia residente no concello de Arteixo,
a familia Pan, coa que el vivira na súa infancia –pois tamén o
seu pasado foi estraño-. Esta filla, nacida en 1895 –Gala nacera
en 1871-, recibiu o nome de Estela, e Murguía cre que nese ano,
1917, aínda vive. Logo saberase que Murguía enviaba cartos para a
súa manutención.
7D. Non sería a única
supervivente, porque tamén se conta que Ovidio tivo un fillo dunha
modelo. Ese fillo nunca foi recoñecido pola familia. Os fillos de
Aura, dous xemelgos, só viviron seis meses.
8A. O seu pai foi un
mariñeiro a quen o seu avó lle pagou para que marchase.
8B. Anxo Aián, personaxe
relacionado coa Real Academia Galega, quen se apodera dos cartos
aforrados por Gala e dalgunha das súas propiedades.
8C. Di que se chama
Xacobe.
8D. O principal trazo da
súa personalidade é o odio ou o resentimento con respecto á súa
familia materna porque Murguía e as súas fillas nunca quixeron
recoñecer nin a ela nin á súa nai. O seu maior orgullo era
sentirse descendente de Rosalía.
8E. Aquiles decátase
demasiado tarde de que na casa de Ariel había, antes de entrar Sofía
e mais el, dúas persoas –unha das cales era Xacobe, o fillo de
Ariel, quen non dubida en matar á súa nai por ter falado de máis,
na súa opinión-. Xacobe, na súa loucura, cóidase descendente
directo de Rosalía –de aí que adopte os nomes de Tino e Adriano-
e non sente apenas afecto pola súa auténtica nai. Esta, co seu
resentimento, foino afastando de si sen decatarse.
8F. Despois de que Aquiles
non quixese deterse no seu apartamento, abre a porta a outra persoa
coidando que se trata do xornalista.
9A. Xacobe identifica a
choiva con Rosalía, de modo que el é, en certo modo, o fillo da
choiva.
9B. Diego Castro aparece
morto e colgado de forma macabra.
9C. Xacobe adopta o nome
de Tino.
9D. As esplicacións dos
crimes son varias e ás veces moi superficiais. Basicamente, mata a
Xosé Carneiro por non manter unha actitude respectuosa cara a
Rosalía; a Penélope Santalla, por aproveitarse da figura de Rosalía
para o seu lucimento e enriquecemento persoais; a Diego Castro, máis
ou menos, polo mesmo motivo; a Calímaco de Brión, por poñer a
Aquiles sobre a súa pista; a Beltrán de Brión, para facer sufrir ó
seu pai; ó anterior conserxe da Casa-Museo de Rosalía e ó axente
Cabanas porque lle entorpecían a realización dos seus plans; e á
súa nai, Ariel, por dar información sobre el e talvez pola relación
amor-odio que a súa loucura lle fai ter cara a ela.
9E. Non mata a Aquiles, a
pesar do que di, porque lle cae simpático e, en certo modo, sente
compaixón por el. Puido matalo ma noite de borracheira, tras o seu
encontro con Calímaco, pero non o fai porque ve que é un infeliz.
Sente ciúmes de Aquiles porque ve que a súa amada Sofía –a única
persoa íntegra que se achega á figura da súa antepasada- vai
namorándose del; pero ó mesmo tempo desexa que Sofía sexa feliz.
Por iso tampouco os mata cando entrevistan á súa nai.
Ó final, ofrécelle
dúas posibilidades: ou ben intentar salvar a Sofía, que se atopa a
carón das Torres do Oeste, en Catoira, con perigo de morte a causa
do abalo da marea, ou ben ir tras del, que se vai refuxiar na súa
casa.
9F. Aquiles, tras escapar
do lugar onde estaba encerrado, chama a Dorian Castle e Andrés
Casaperda; ó primeiro, para que lle explique o sentido dos versos
que Xacobe escribiu relacionados coa posible morte de Sofía; ó
segundo, para indicarlle que vai buscalo ó piso superior do edificio
de Sofía, onde cre que Xacobe residía.
9G. Non de todo.
Polas explicacións de Dorian, chega a tempo de rescatar a Sofía;
pero Andrés non atopa a Xacobe, senón un exemplar de Follas
novas aberto pola páxina do poema
“Adiós”.
10A. A muller perseguida é
Andrea Muruais. Esta colaborou con Diego Castro no desfalco das
contas da Fundación e ten no seu poder os cartos roubados, polo que
Xacobe debe pensar que merece o mesmo castigo que Penélope Santalla
e Diego Castro.
10B. Dáse a entender que
se atopa en Barcelona.
10C. Refuxiouse na
Casa-Museo de Rosalía, en cuxa cama adoitaba deitarse –por iso
aparecía ás veces algo desfeita-. Xacobe consideraba a casa como
propia.
10D. É de supoñer que
Xacobe asasinará a Andrea Muruais e se apoderará dos cartos
roubados. Non parece probable que a súa vítima sexa Sofía, dado
que esta é inocente, fixo pública a súa relación familiar con
Rosalía e Xacobe anima a Aquiles para que non se demore en
convertila na súa parella.
Cuestionario final.
1. Cita sete títulos de
poemas de Rosalía mencionados na obra.
2. Ordena cronoloxicamente os asasinatos dos seguintes personaxes:
Calímaco de Brión, Penélope Santalla, Beltrán de Brión, Xosé
Carneiro, o policía Cabanas, Diego Castro, Ariel Pan ou Murguía, o
anterior conserxe da Casa-Museo de Rosalía.
3. Segundo a novela, cal sería a árbore cronolóxica do matrimonio
Murguía-Castro?
4.
Cal sería a relación familiar que une a Ariel e Xacobe con Rosalía?
5.
Por que Xacobe escolle os nomes Tino e Adriano?
6.
Reúne os seguintes personaxes en catro grupos (policías, membros da
Fundación Rosalía de Castro, xornalistas e profesores
universitarios): Xosé Carneiro, Penélope Santalla, Alba Mendoza,
Santiago Seoane, Dorian Castle, Sr. Capón, Napoleón Sevilla, Andrés
Casaperda, Aquiles Vega, Diego Castro, Sofía Deneb.
7.
Busca en internet ou na videoteca do centro “Pelerinaxe rosaliana”,
Seven ou
El silencio de los corderos
e procura establecer unha relación entre unha destas obras e a
novela.
Cuestionario
final. Respostas.
1. Son mencionados, entre
outros, “Unha vez tiven un cravo”, “Cando un é moi dichoso,
moi dichoso”, “Cando penso que te fuches”, “Bos amores”,
“Tecín soia a miña tea”, “A xustiza pola man”, “Ti onte,
mañán eu”, “Adiós”, “Cando era tempo de inverno”, “Tan
soio”, “Nas Torres do Oeste”.
2. A orde sería: anterior
conserxe da Casa-Mueso de Rosalía, Xosé Carneiro, Penélope
Santalla, Beltrán de Brión, o policía Cabanas, Calímaco de Brión,
Ariel Pan e Diego Castro.
3. Sería o seguinte:
Manuel
Murguía
– Rosalía
de Castro
Alexandra Aura Gala Ovidio Amara Valentina Adriano
Casada
con Casada con Relacionado con
Francisco Prats Pedro
Izquierdo Visitación Oliva
Dous
fillos Sen
fillos un
fillo
Relacionada
con
Un
cura
Estela
Casada
con
Un
mariñeiro
Ariel
Relacionada
con
Anxo
Aián
Xacobe
4. Ariel sería bisneta e
Xacobe sería tataraneto de Rosalía.
5. Porque se considera
fillo de Rosalía. Tino procede de Valentina, a filla que naceu
morta, e Adriano era o nome do fillo que lle morreu nun accidente
doméstico cando tiña ano e medio.
6. Xornalistas: Xosé
Carneiro, Sr. Capón, Aquiles Vega.
Policías: Napoleón
Sevilla, Andrés Casaperda.
Membros da Fundación:
Penélope Santalla, Alba Mendoza, Diego Castro.
Profesores
universitarios: Santiago Seoane, Dorian Castle, Sofía Deneb.
7. Resposta libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario