GUÍA DE LECTURA E
CUESTIONARIO
SOBRE A MEMORIA DA CHOIVA, DE PEDRO FEIJOO
Guía e cuestionario
por partes
1. A obra está
dividida en cinco actos e un epílogo.
*
O primeiro acto titúlase “O Sangue” e comprende os capítulos
que van do 1 ó 4. Sitúase entre os días 7 e 9 de maio de 2013.
*
O segundo acto titúlase “O Ruído” e comprende os capítulos que
van do 5 ó 15. Sitúase entre os días 9 e 13 de maio do mesmo ano.
*
O terceiro acto titúlase “O Vento” e comprende os capítulos que
van do 16 ó 20. Sitúase nos días 13 e 14 de maio.
*
O cuarto acto titúlase “O Lume” e comprende os capítulos que
van do 21 ó 25. Sitúase nos días 14 e 15.
*
O quinto acto titúlase “O Mar” e comprende os capítulos que van
do 26 ó 30. Sitúase no día 16 de maio.
*
O Epílogo titúlase “A Luz” e sitúase nun tempo posterior.
1A. De que xénero
toma a denominación?
1B. Serías capaz de
sinalar a que actos ou partes corresponderían a presentación, o nó
e o desenlace?
2. Como podes ver, a
acción sitúase nos días previos ó 17 de maio de 2013.
2A. Que se
conmemoraba nese día?
2B. Atópaslle algún
sentido ós títulos? Cal?
2C. Os actos son
introducidos normalmente por un fragmento dun poema de Aurelio
Aguirre. Que sabes deste poeta? O seu poema considérase un
precedente dun coñecido poema rosaliano. Sabes cal?
3. No primeiro acto
preséntase ó protagonista da novela, o xornalista Aquiles Vega, o
cal, acompañado do seu amigo, o inspector da policía Andrés
Casaperda, vai investigar un crime acontecido en Santiago de
Compostela.
3A. Que aspectos do
protagonista se destacan?
3B. Quen é o
asasinado?
3C. Que
peculiaridade presenta o crime que o pon en relación con Rosalía de
Castro?
4. No capítulo 2
aparece outro personaxe fundamental, a profesora da Facultade de
Filoloxía da Universidade de Santiago Sofía Deneb, especialista na
vida e a obra de Rosalía. Xunto a ela, atópanse uns personaxes
secundarios relacionados coa Fundación Rosalía de Castro e a súa
Casa-Museo.
4A. Como se chaman?
4B. Unha das
responsables da institución non aparece. Por que?
5. Posteriormente
Sofía recibe unha mensaxe anónima que a asusta.
5A. Que sinatura
leva?
5B. Por que van a
Padrón?
6. No acto segundo
verás que Sofía, con Aquiles, se dirixe a Padrón, onde o
xornalista coñece a uns personaxes interesantes. Durante a viaxe,
Sofía lembra os compoñentes da familia de Rosalía de Castro.
Posteriormente, Aquiles entrevístase con Calímaco de Brión, quen
escribira unha dura réplica ó artigo ofensivo publicado no seu día
por Xosé Carneiro. O estudoso dálle a Aquiles unha cinta gravada
coa “Pelerinaxe rosaliana”, que está a piques de perder nunha
noite de bebedeira. Posteriormente, Aquiles e Sofía viaxan á
Coruña para visitar a casa onde vivira a familia Murguía Castro.
Alí entrevistan a Antón Bareda, quen lles fala de Ariel e Anxo
Aián. Nun momento verás que Sofía especula sobre quen lle tería
enviado a mensaxe.
6A. En que
personaxes pensa?
6B. Que detalle,
ademais da mensaxe, esperta o seu temor?
6C. En Padrón falan
con Tino. Quen é?
6D. Que intuición
ten Aquiles?
6E. Antón Bareda
fálalle con admiración de Ariel. Quen cre que era? Como aparece en
“Pelerinaxe rosaliana”?
7. No acto terceiro,
os protagonistas viaxan a Vigo para entrevistarse co profesor Solano
Drumond, coñecedor de moitos segredos relativos ás figuras
emblemáticas da literatura galega que non desexa que saian á luz. Ó
principio, négase a colaborar e incluso ameaza a Sofía se segue
investigando, mais, ó coñecer que se cometeu un novo asasinato,
cambia de opinión e entrégalles un documento importantísimo.
7A. De que asasinato
se trata?
7B. Que documento
aporta datos fundamentais?
7C. Que se di nese
documento?
7D. Sería o
personaxe mencionado o único supervivente da familia Murguía-Castro?
8. No cuarto acto, o
nó enrédase máis. Prodúcese a morte de Calímaco de Brión e do
axente de policía Cabanas, que custodiaba a casa do investigador.
Sofía recibe outro anónimo. Aquiles vai reducindo a lista de
sospeitosos, ó deducir que o asasino tiña que ser amigo ou coñecido
de Calímaco, dada a facilidade coa que entrou no domicilio do
asasinado. En busca da familia Pan, citada na carta de Murguía,
diríxense ó concello de Arteixo. Unha bibliotecaria remíteos a
unha muller chamada Ariel, que ten un fillo. Esta pista parece
aproximalos ó descubrimento do misterio. Conseguen falar con ela,
que vive nunha aldea moi pobre, A Pastoriza. Alí ela fala sobre a
súa historia familiar. A súa nai foi a filla de Gala, Estela, quen
morreu ó dala á luz, en 1927. Ariel quedou ó coidado do seu
suposto avó, Xesús Pan, quen lle contou, antes de morrer, en 1948,
quen eran os seus auténticos familiares. Ó morrer Xesús, vendeu
todo e foi en busca de Gala. Durante anos viviu con ela. Un personaxe
fixo que Gala, no momento da súa morte, en 1964, modificase o seu
testamento, de xeito que a Ariel non lle quedou nada. Non contento
con isto, abusou dela, deixouna en estado e abandonouna no lugar onde
habita. Da súa relación con ese home naceu un fillo, a quen educou
de acordo coa súa amarga experiencia. Ariel recoñece que o seu
fillo é o asasino. Aínda que acepta o seu desexo de vinganza, non
está de acordo con algún dos asasinatos cometidos. Non está
disposta a dicirlles máis e expúlsaos da súa casa.
8A. Quen foi o pai de
Ariel? Como é que non participou na súa vida?
8B. Quen foi o personaxe
que a estafou e arruinou a súa vida? Que fixo?
8C. Como di que se chama o
seu fillo?
8D. Cal é o principal
trazo do carácter de Ariel? A que é debido?
8E. Que descobre
tardiamente Aquiles? Que sucede a causa do seu descoido? Por que?
8F. Que sorpresa agarda a
Sofía ó regresar a Santiago?
9. No quinto acto
comeza o desenlace. Por unha banda, Sofía aparece drogada mentres
Xacobe explica algún dos seus actos e a súa relación coa choiva –o
cal nos remite á interpretación do título da novela que estamos a
ler-. Pola súa parte, Aquiles intenta deducir cal é o nome real
baixo o que se oculta Xacobe –non o de Adriano, que é unha especie
de pseudónimo-. Dubida entre Santiago Seoane e Diego Castro, e chega
á conclusión de que se trata deste, polo que se dirixe a Padrón,
onde espera atopalo. Alí, efectivamente, atopa a Diego Castro, pero
en circunstancias impensadas. O auténtico criminal déixao
esmorecido cun golpe tras recitar uns versos de Rosalía.
9A. Que relación ten
Xacobe coa choiva?
9B. Como atopa
Aquiles a Diego Castro?
9C. Baixo que nome se
oculta Xacobe?
9D. Como explica os crimes
cometidos?
9E. Por que non mata a
Aquiles? Que posibilidades lle concede?
9F. Cales son os pasos que
segue Aquiles para resolver o caso?
9G. Queda todo
solucionado?
10. No “Epílogo”,
vemos que Aquiles recuperou o prestixio e o traballo perdidos, que
Sofía deu a coñecer os descubrimentos que realizaran e que a
relación entre ambos avanza por bo camiño, a pesar da lentitude de
Aquiles. De súpeto, recibe unha chamada. Trátase de Xacobe, quen se
atopa noutra cidade perseguindo, ó parecer, a unha muller
relacionada coa Casa-Museo que fora socia ou colaboradora de Diego
Castro. Curiosamente, nesa cidade tamén se atopa Sofía. Xacobe
anímao para que se lle declare, ou farao el, e explícalle por que
non o matou e onde se refuxiou para que non o atopasen. Remata a
novela así, cun final aberto. O criminal non é atrapado e está
disposto a cometer un novo crime.
10A. Quen é a muller á
que persegue Xacobe? Por que o fai?
10B. En que cidade se
atopa?
10C. Onde se refuxiou para
que non o atrapasen?
10D. Que supós que
sucederá deseguido?
Cuestionario final.
- Cita sete títulos de poemas de Rosalía mencionados na obra.
2.
Ordena cronoloxicamente os asasinatos dos seguintes personaxes:
Calímaco de Brión, Penélope Santalla, Beltrán de Brión, Xosé
Carneiro, o policía Cabanas, Diego Castro, Ariel Pan ou Murguía, o
anterior conserxe da Casa-Museo de Rosalía.
3.
Segundo a novela, cal sería a árbore cronolóxica do matrimonio
Murguía-Castro?
4.
Cal sería a relación familiar que une a Ariel e Xacobe con Rosalía?
5.
Por que Xacobe escolle os nomes Tino e Adriano?
6.
Reúne os seguintes personaxes en catro grupos (policías, membros da
Fundación Rosalía de Castro, xornalistas e profesores
universitarios): Xosé Carneiro, Penélope Santalla, Alba Mendoza,
Santiago Seoane, Dorian Castle, Sr. Capón, Napoleón Sevilla, Andrés
Casaperda, Aquiles Vega, Diego Castro, Sofía Deneb.
7.
Busca en internet ou na videoteca do centro “Pelerinaxe rosaliana”,
Seven ou
El silencio de los corderos
e procura establecer unha relación entre unha destas obras e a
novela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario