"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

martes, 6 de marzo de 2012

CONVERSA ENTRE MULLERES


Este luns 5 de marzo tivo lugar no salón de actos do centro  a representación teatral Conversa entre mulleres,  versión realizada pola profesora Belén Herrero, a partir das obras Lísístrata e Asemblea de mulleres de Aristófanes. 20 personaxes e música en directo, grazas ao alumnado que participa no Coro e na Banda do instituto. A obra tivo un gran éxito e volverán  a representala en datas próximas.
Nos vindeiros días, e ao longo do mes de marzo, continuarán as actividades para facer visibles ás mulleres e reflexionar sobre a igualdade de dereitos e oportunidades con varias propostas que este ano se articulan en torno a tres eixos, Muller e deporte, Muller e maternidade e Muller e pobreza.
Estas fotos son unha mostra da representación:

Fai click enriba para agrandalas

lunes, 20 de febrero de 2012

Alephante: Outro xeito de ver as Mates

Naceu, no seo do Instituto, un novo blog dedicado as Matemáticas, pero dende un punto de vista literario. Contén poesía, relatos, noticias... e moitas cousas máis. Si queredes participar nel, podedes contactar con Ramos (o secretario).



miércoles, 8 de febrero de 2012

O CONTO DO MES. "Dos amigos"

Con motivo do Día da Paz, este mes imos ler un conto antibelicista do famoso autor francés Guy de Maupassant (1850-1893). O seu título é "Dos amigos".
Dous amigos van de pesca e se atopan cun grupo de soldados enemigos que os toman por espías...Qué pasará?
Espléndido conto da guerra franco-prusiana de 1870.

sábado, 4 de febrero de 2012

Un Power Point sobre Edgar Allan Poe

Estos días estivemos proxectando no centro unha serie de cortos sobre os máis célebres contos de terror de Edgar Allan Poe. Os que querades ter ese traballo, debedes traer un pen-drive e solicitar na Secretaría os arquivos, ante a imposibilidade de colocalos aquí por mor do seu peso, xa que contén videos. Falade con Ana Fontenla, Belén Herrero ou José M. Ramos.

jueves, 12 de enero de 2012

O CONTO DO MES

Villiers de l'Isle Adam

Ola,
 Este mes de xaneiro puxemos un conto dun escritor "maldito": Villiers de L'Isle Adam. Un francés do século XIX que morreu na indixencia como moitos xenios. Venme a memoria Allan Poe, por exemplo. Este conto impresiona polo seu dramatismo e é moi curto. Non teñades pereza e leelo.

martes, 6 de diciembre de 2011

CERTAME LITERARIO

O pasado día 25 de novembro se concederon os galardóns do concurso de microrrelatos organizados no centro sobre a "Violencia de xénero". As obras galardoadas podedes atopalas facendo click no vínculo seguinte:       

Microrrelatos
                            

martes, 29 de noviembre de 2011

25 DE NOVEMBRO

Durante os días previos ao 25 de novembro, realizamos numerosas actividades con motivo do Día internacional da violencia de xénero, como lectura de textos en distintas lenguas, canciones y vídeos. O mesmo día 25, na biblioteca, entregáronse os premios do concurso de  microrrelatos organizado polo noso Club de lectura.


NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO


domingo, 6 de noviembre de 2011

OUTRO ANO MÁIS...

Outro ano máis no IES A Xunqueira I  ponse en marcha o Club de lectura “A Esmorga”, con gran aceptación dentro do alumnado. Xa comezamos este curso coa creación dunha mascota e convocamos un concurso para encontrarlle un nome adecuado que nos vindeiros días daremos a coñecer cunha pequena celebración. Ademais, temos unha novidade importante; unha sala adicada ao Club de lectura para acoller a gran demanda de alumnado no recreo, sobretodo nos cursos máis baixos. Esta aula será o lugar adecuado para os ensaios das lecturas teatralizadas. É un agradable e especial lugar de encontro.

domingo, 30 de octubre de 2011

UN ARTÍCULO LITERARIO

Ivan Tourguéniev 1835-1883
O escritor ruso Ivan Tourguéniev escribiu na cadea un fermoso conto sobre a historia dun can en 1851 (Moumou). Trinta anos despois, o escritor francés Guy de Maupassant escribiu otro conto moi parecido (Histoire d'un chien). Neste artigo se comparan os dous contos e se establece a hipótesis de que o escritor francés tomou o argumento prestado do escritor ruso.
Se vos interesa ler ambo los dous contos, falade con Belén ou con Ramos.

domingo, 23 de octubre de 2011

A NOSA MASCOTA SE CARACTERIZA

Mosaico de José M. Ramos
Debuxo de Roberto Ramos



















A nosa mascota se caracteriza.Na imaxe da dereita se atopan todas as fotos do alumnado do curso 2011-2012. Este mosaico estará no centro para que podades atoparvos.

MASCOTA DO CLUB DE LECTURA



Xa temos unha simpática mascota para o noso Club de Lectura.
O autor do debuxo é Roberto Ramos, profesor do CEIP Manuel Vidal Portela.
Ainda non ten nome, pero en breve a bautizaremos.
Esperamos que sexa do voso agrado

O CONTO DO MES

Horacio Quiroga (1873-1937)
Hoxe presentamos o conto "El almohadón de plumas".

Fermoso e breve conto de terror, mais non é un terror sobrenatural ao estilo de Poe, Lovecraft ou James. Quiroga é máis realista e o seu terror xurde do cotiá.

viernes, 20 de mayo de 2011

CHARLA SOBRE "LOIS PEREIRO"

 








O 12 de maio a poetisa e antiga profesora do instituto, Lucía Novas presentou unha ponencia sobre Lois Pereiro.
O alumnado de 4º ESO recitou poesías do seu libro "Neve" e a autora dedicouno.

CHARLA SOBRE "ROSALÍA DE CASTRO"

 








Diana Rúa Eiras disertou sobre "A visión rosaliana da emigración" o 6 de maio de 2011 no Salón de Usos Múltiples do instituto para o alumnado de 1º de bacharelato.
Un alumno presentou á poñente.

ACTIVIDADES "DÍA DO LIBRO" E "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"

No instituto estánse realizando unha serie de actividades para conmemorar tanto o 25 de abril, "Día do Libro" como o 17 de maio, "Día das Letras Galegas".
Estas son algunhas delas:
-          Representación da obra “La ínsula prometida” de Alejandro Casona, na biblioteca, para 3º ESO A e C e 4º ESO A e C, o venres 15 de abril de 12 a 14:30 horas, coa profesora de Lingua Castelá, Belén Herrero
-          Representación da obra “A familia unida” polo grupo de teatro Ailaleria, o 15 de abril no Salón de Usos Múltiples ao alumnado de 1º ESO  B e C, 3º ESO D, e 4º ESO D ás 12:50 e ao alumnado de 2º ESO A, 3º ESO B e 3º ESO D ás 13:40
-          Charla sobre "Rosalía de Castro" por Diana Rúa Eiras o venres 6 de maio de 10:40 a 11:30 horas, no Salón de Usos Múltiples do instituto dirixida ao alumnado de 1º de Bacharelato
-         "Correlingua" 2011 co alumnado de 2º ESO o martes 10 de maio
-          Estreno da obra “La ratonera” o 10 de maio polo alumnado de 4º ESO A, de 12:00 a 14:30 horas no Salón de Usos Múltiples, dirixido ao alumnado de 3º e 4º ESO
-          Charla  sobre "Lois Pereiro" pola poetisa Lucía Novas o xoves 12 de maio de 10:40 a 11:30 h, no Salón de Usos Múltiples do instituto dirixido ao alumnado de 4º ESO
 

miércoles, 6 de abril de 2011

LA ECUACIÓN MAUPASSANT

O profesor de Matemáticas José Manuel Ramos González, tamén Secretario do noso instituto, ven de publicar a obra "La ecuación Maupassant".
Na web de Bohodon ediciones aparece o seguinte comentario:

"No es necesario conocer la obra de Maupassant para leer este libro. Bien al contrario, su lectura quizá despierte en el lector o lectora ese prurito de curiosidad que nos hace abrir el libro de ese escritor del que alguien nos ha hablado con pasión, como la que pone José M. Ramos en el presente trabajo."

Se queredes máis información podedes entrar neste enlace:
La ecuación Maupassant