"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.
Mostrando entradas con la etiqueta CONTO DO MES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONTO DO MES. Mostrar todas las entradas

miércoles, 8 de febrero de 2012

O CONTO DO MES. "Dos amigos"

Con motivo do Día da Paz, este mes imos ler un conto antibelicista do famoso autor francés Guy de Maupassant (1850-1893). O seu título é "Dos amigos".
Dous amigos van de pesca e se atopan cun grupo de soldados enemigos que os toman por espías...Qué pasará?
Espléndido conto da guerra franco-prusiana de 1870.

jueves, 12 de enero de 2012

O CONTO DO MES

Villiers de l'Isle Adam

Ola,
 Este mes de xaneiro puxemos un conto dun escritor "maldito": Villiers de L'Isle Adam. Un francés do século XIX que morreu na indixencia como moitos xenios. Venme a memoria Allan Poe, por exemplo. Este conto impresiona polo seu dramatismo e é moi curto. Non teñades pereza e leelo.

sábado, 12 de febrero de 2011

CONTO DE FEBREIRO




Este mes tedes tres contiños de amor para San Valentín
de Catulle Mendès
                                      
                           LA ANÓNIMA  
                           EL AMOR POBRE
                           EL BESO ENJAULADO



CATULLE MENDÈS: Escritor francés que naceu en Burdeos en 1841. Chegou a París en
1859 donde se convertiu nun protexido do escritor Théophile Gautier, que acabará sendo seu
sogro. Escribiu, novelas, libretos de ópera e unha morea de contos. Morreu atropelado por un
tren en 1909.

Se queredes saber máis sobre Catulle Mendès e ler moitos máis contos en castelá, podedes
atopalos en http://www.iesxunqueira1.com/mendes.

Tamén podedes consultar na Biblioteca ou pedir consexo ao profesor José Ramos na
Secretaría, que tamén fixo a tradución dos contos do francés ao castelá.

martes, 25 de enero de 2011

CONTO DE XANEIRO

Este mes o conto seleccionado é:


"Un amante tacaño"

O autor firmaba como O. Henry, pero en realidade era o seudónimo do escritor, periodista, farmacéutico y cuentista estadounidense William Sydney Porter

viernes, 21 de enero de 2011

CONTO DE NADAL




Para lembrar o Nadal,  
aínda podedes ler outro conto de Guy de Maupassant, 
"La nochebuena".


O atoparedes na páxina do instituto

http://www.iesxunqueira1.com/cuentos/lanochebuena.pdf


Se queredes coñecer mellor a Maupassant entrade na páxina 


http://www.iesxunqueira1.com/maupassant

sábado, 20 de noviembre de 2010

DEREITOS DA INFANCIA

Para conmemorar o 20 de novembro,  
Día dos Dereitos da Infancia, 
podedes ler un conto de Guy de Maupassant, 
"El papá de Simón".


O atoparedes neste enlace
http://www.iesxunqueira1.com/cuentos/papasimon.pdf