"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.
jueves, 18 de mayo de 2017
OBRAS DE LECTURA PARA O TERCEIRO TRIMESTRE
De novo os distintos grupos do Club de Lectura "A Esmorga" están en marcha. E rápidos, porque o que resta de curso é moi breve.
En Primeiro da ESO, Ledicia Costas e Anxo Fariña ofrécennos estas obras que, seguro, vos parecerán divertidas
En Segundo, de novo volvemos a ler en castelán
As alumnas de Terceiro quizais se interesen por unha obra poética sinxela e rompedora
Os de Cuarto regresarán a un dos nosos clásicos
E os de Primeiro de Bacharelato, para non ser menos, lerán a Kafka, talvez coa lembranza daquel libro que algúns leron cinco anos antes no Club e que tiña ao escritor como personaxe: Kafka y la muñeca viajera.
Pois nada, que teñades bo proveito!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario