UNHA NOVA ACTIVIDADE NO CLUB DE LECTURA
PROFESOR: XAN RIOBÓ
Inicialmente tiña previsto utilizar A Praia dos afogados do autor Domingo Villar como libro de lectura dado que, desta maneira, continuaríamos a saga de leo Caldas, o inspector protagonista de Ollos de auga, libro de lectura obrigatoria no primeiro trimestre para o nivel de 3ºESO.
Porén, a profesora Carmina Aguado comentou con moi bo criterio a posibilidade de que a lectora de inglés, Merve Özdermir, de orixe turca, participase activamente nesta actividade, razón pola que me decidín por Istanbul e o cabaliño de ouro, do autor Fernández Naval. Desta maneira os alumnos terían información directa sobre o país e a cultura turcas amén de darles a posibilidade de realizar un percorrido “virtual” por aqueles lugares nos que se ambienta a novela.
Por último, realicei algunas xestións para que o autor puidese dar alguna charla sobre a novela citada e tamén sobre a que será lectura obrigatoria no segundo trimestre para este mesmo nivel da ESO, Nota roja. A esta conferencia asistiron os membros do Club de Lectura e os alumnos dos grupos 3ºESO A e 3º ESO C, así como os alumnos de diversificación de 3ºESO D

No hay comentarios:
Publicar un comentario