"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.
lunes, 18 de febrero de 2013
LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE
1ºESO- KAFKA Y LA MUÑECA VIAJERA de Jordi Sierra i Fabra
2ºESO- ANA Y LA SIBILA de Antonio Sánchez Escalonilla
3ºESO- A PRAIA DOS AFOGADOS de Domingo Villar
4ºESO- O SABRE DO FRANCÉS de Miguel Anxo Fernández
1ºBACH- ANTOLOXÍA DE TEXTOS DO PROGRAMA DE 1ºBACH
2ºBACH- UNHA HISTORIA SENCILLA de Leonardo Sciascia
viernes, 15 de febrero de 2013
Unha nova actividade
UNHA NOVA ACTIVIDADE NO CLUB DE LECTURA
PROFESOR: XAN RIOBÓ
Inicialmente tiña previsto utilizar A Praia dos afogados do autor Domingo Villar como libro de lectura dado que, desta maneira, continuaríamos a saga de leo Caldas, o inspector protagonista de Ollos de auga, libro de lectura obrigatoria no primeiro trimestre para o nivel de 3ºESO.
Porén, a profesora Carmina Aguado comentou con moi bo criterio a posibilidade de que a lectora de inglés, Merve Özdermir, de orixe turca, participase activamente nesta actividade, razón pola que me decidín por Istanbul e o cabaliño de ouro, do autor Fernández Naval. Desta maneira os alumnos terían información directa sobre o país e a cultura turcas amén de darles a posibilidade de realizar un percorrido “virtual” por aqueles lugares nos que se ambienta a novela.

Por último, realicei algunas xestións para que o autor puidese dar alguna charla sobre a novela citada e tamén sobre a que será lectura obrigatoria no segundo trimestre para este mesmo nivel da ESO, Nota roja. A esta conferencia asistiron os membros do Club de Lectura e os alumnos dos grupos 3ºESO A e 3º ESO C, así como os alumnos de diversificación de 3ºESO D

Suscribirse a:
Entradas (Atom)