Ademais realizaremos actividades complementarias ás lecturas, dirixidas a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias, persoal non docente) co obxectivo de motivar e animar á lectura. Algunhas delas son:
- Realización de actividades artísticas como a elaboración de ilustracións, deseño de portadas, seleccións musicais… relacionadas co libro que se está a ler e posterior exposición no centro.
- Lecturas teatralizadas.
- O alumnado que forma parte do club fai a presentación do libro aos compañeiros/as da súa clase.
- Creación literaria: inventamos un novo final para o libro, escribimos o argumento dunha posible “segunda parte”, facemos crítica literaria,…
- Investigamos sobre a autoría, ou sobre a súa época histórica
- Visionado e posterior debate de películas ou documentais relacionadas cos temas de lectura, convidando ás familias e ao persoal non docente.
- Invitación de escritores ou escritoras para coñecelos/as e ter a posibilidade de compartir opinións sobre algunha das súas obras.
- Visitas á Biblioteca Pública de Pontevedra, e á Biblioteca da Universidade.
- Actividades para celebrar o 23 de abril ou o 17 de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario