Emprendemos un novo ano e propoñémosvos un feixe de obras que agardamos sexan do voso agrado.
Para o grupo de Primeiro da ESO, a novela de María Solar Os nenos da varíola, inspirada nun feito histórico que seguramente lles chamará a atención.
Para o grupo de Segundo, que desexa seguir os pasos do grupo de Terceiro e tamén desexa representar unha adaptación teatral, un clásico de Shakespeare: nada máis e nada menos que Romeo e Xulieta.
O alumnado de Terceiro terá tres opcións que non serán incompatibles. Uns seguirán cos ensaios de A noite vai coma un río; outros achegaranse á figura dun gran matemático, Fibonacci; e outros, por último, achegaranse á terrible experiencia da agresión sexual por medio da noveliña O abrazo.


Ó numeroso grupo de Cuarto ofrecémoslles un dos clásicos do noso Club: O sabre do francés, o conxunto de relatos históricos de Miguel Anxo Fernández.
Ánimo e a ler!