"A Esmorga" é o nome do Club de Lectura do I.E.S. A Xunqueira 1 de Pontevedra. É unha das actividades principais do Proxecto Lector. Contribúe a fomentar a lectura e a escritura e á adquisición das competencias básicas.

jueves, 18 de octubre de 2012

CURSO 2012/13

     Benvidos ao noso Club de Lectura. No curso anterior fixéronse varias actividades como certámenes literarios, exposicións, teatro, intercambio de libros, e, por suposto, o interesante libro de contos realizado polo alumnado de 1º ESO. Neste ano pensamos manter todas estas actividades e queremos incorporar outras novas. Seguiremos utilizando ademais da Biblioteca, a sala adicada ao Club de lectura para acoller a gran demanda de alumnado no recreo, sobretodo nos cursos máis baixos. Esta aula seguirá sendo o lugar adecuado para os ensaios das lecturas teatralizadas.
Xa comezamos  coa exposición de monicreques sobre personaxes dos contos de Roald Dahl realizados a finais do curso anterior polo alumnado de 3ºESO. Ademais, para celebrar o día das Bibliotecas representaremos “La venganza de don Mendo” en el teatro Principal de nosa cidade o día 31 de outubro.
         Este ano poñeremos en práctica un novo proxecto có grupo de 2º BACH “Los hijos españoles de G.Falcone e P Borsellino”. Esta actividade plantexa dous obxectivos fundamentais: reforzar a moral cívica dos estudiantes e profundizar na súa esixencia lectora e creativa. Por outra parte, insistiráse no valor da literatura como programa ético indicado para sinalar a corrupción en todos os ámbitos sociais. Os instrumentos básicos para esta aprendizaxe serán os textos do mesmo G.Falcone “Cosas de la Cosa Nostra”, a novela de L.Sciascia “Una historia sencilla"” e unha amplia selección de textos.  Tamén será moi importante o contacto do noso alumnado coas institucións oficiais  como as Fundacións italianas que custodian as memorias dos xuíces, o Fiscal Xeral de Pontevedra ou  os Institutos Cervantes de Nápoles e Palermo. Na derradeira fase, recolleránse nun volumen as creacións literarias do noso alumnado: relatos, esceas o monólogos teatrais, poemas…



 LECTURAS:



MÉRCORES:   


  1ºBACH       Antoloxía de textos do programa de 1º BACH

   3ºESO         Istambul e o cabaliño de ouro    de Fdez Naval
              
                      

 XOVES:    


4ºESO       El último trabajo del Sr. Luna de César Mallorquí 

 

 VENRES:


 1ºESO A-C         Cartas de inverno de Fdez Paz

 1ºESO D-B          Kafka y la muñeca viajera de Jordi Sierra i Fabra
 2ºESO      O neno do pixama a raias de John Boyne                                              2ºBACH        Cosas de la Cosa Nostra